O Concello de Castrelo de Miño fai saber que firmou recentemente un convenio de colaboración entre a “Dirección General de Tráfico” (DGT) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) co fin de facilitar intercambio de información, mutua colaboración administrativa e mellor servizo ao cidadán.
Coa firma deste novo convenio, todos os veciños do concello poderán facer os expedientes de:
- Cambio de domicilio no Rexistro de Conductores da DGT.
- Duplicados do permiso de circulación dos vehículos por cambio de domicilio do seu titular.
Ambos trámites son gratuítos para os veciños do concello, e pódese facer un ou os dous conxuntamente.
Ter o domicilio actualizado no Rexistro de Conductores é beneficioso por dous motivos:
- É o domicilio onde a DGT envía por correo ordinario os novos permisos despois da súa renovación.
- Permite coñecer as sancións que puidéramos ter, e acollernos aos descontos establecidos por pronto pago. Por todos é sabido que o non coñecer unha sanción en vía administrativa, implica coñecela en vía de apremio (Facenda) cun recargo do 20%
Estas tramitacións pódense facer nas oficinas municipais do concello de Luns a Venres de 9 a 14 horas.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Filed under: Bandos |
Deixar unha resposta