Anuncio: Subvencións para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as en colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e institucións sen ánimo de lucro (TR352A).

O pasado 22 de marzo de 2010 publicouse no DOG nº 54 a Orde do 10 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases que regulan para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á convocatoria para o ano 2010.

Esta orde ten por obxecto o fomento do emprego, no ámbito da colaboración coas administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, a través da subvención da contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as e de mulleres vítimas de violencia, para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social, coa finalidade de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa posterior inserción laboral.

Serán beneficiarios desta orde os órganos, organismos, entidades e sociedades e empresas públicas dependentes ou vinculadas ás administracións públicas distintas da local e as universidades, así como as entidades sen ánimo de lucro que dispoñan de recoñecida solvencia e capacidade técnica e de xestión suficientes para a correcta execución dos correspondentes proxectos.

Requisitos para solicitar a subvención:

  1. As obras ou servizos que se van realizar deberán ser de interese xeral e social e deberán cumprir os seguintes requisitos:
  2. Que sexan executados ou prestados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa.
  3. Que, na súa execución ou prestación, se favoreza a formación e práctica profesionais das persoas desempregadas.
  4. Que se presten ou executen no ámbito da Comunidade de Galicia.
  5. Que a duración dos proxectos non supere os nove meses desde a data do seu inicio. En ningún caso serán obxecto de subvención aquelas solicitudes presentadas polas entidades sen ánimo de lucro coa finalidade de executar obras.

Requisitos e criterios para a selección dos traballadores e traballadoras:

Os traballadores e as traballadoras que sexan contratados/as para a realización das obras e servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser, en todo caso, persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e que estean dispoñibles para o emprego.

Os traballadores e traballadoras que fosen contratados, por un período superior a 6 meses, con cargo as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2009, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, non poderán ser contratados con cargo as axudas previstas nesta orde.

Documentación:

  1. Solicitude normalizada, Anexo I
  2. Acreditación da persoa que, en nome e representación da entidade, asina a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario, ou acta, onde se determine a dita representación.
  3. Autorización, da persoa que actúa en nome e representación da entidade solicitante, á Consellería de Traballo e Benestar para que esta comprobe os seus datos persoais a través do Sistema de Verificación de Datos de Identidade (SVDI) e de Residencia (SVDR) do Ministerio de Administracións Públicas, segundo o establecido na Orde do 7 de xullo de 2009, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pola que se desenvolve o Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se suprime a achega de fotocopias dos documentos acreditativos da identidade nos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos na Administración da comunidade autónoma. No caso de non prestar a súa autorización, presentarase unha fotocopia compulsada do documento acreditativo da identidade do solicitante no modelo que se publica como anexo VII.
  4. Copia compulsada da tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante
  5. Copia compulsada da escritura pública e/ou dos estatutos de constitución vixentes da entidade solicitante nos que resulte acreditada a ausencia de ánimo de lucro, para os supostos en que tivese esa natureza.
  6. Ficha de transferencia bancaria, debidamente asinada polo representante da entidade solicitante e da entidade bancaria no modelo que se publica como anexo V, ou certificado bancario debidamente emitido pola entidade financeira.
  7. Unha declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes, no modelo que se publica como anexo VI.
  8. Declaración responsable de cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no modelo que se publica como anexo VII.
  9. Unha memoria global das obras ou servizos que se van realizar, no modelo que se publica como anexo II, acompañada do proxecto e planos cando o tipo de obra así o exixa.
  10. Un certificado dos custos salariais dos traballadores que se pretenden contratar, ordenados por prioridade de ocupación, para a realización do proxecto para o que se solicita a subvención, axustándose ao modelo que se publica como anexo III.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 22 de abril de 2010.

Neste ámbito, como axente de emprego e desenvolvemento local do concello estou á súa enteira disposición nas oficinas municipais para atender a calquera dúbida ou consulta que lles poida xurdir e proporcionarlle a colaboración necesaria na tramitación das solicitudes que poida presentar ó abeiro desta orde.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: