Anuncio: Programa Reencontros na casa.

O pasado 22 de marzo de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 54, a Resolución do 16 de marzo de 2010, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das subvencións do Programa Reencontros na casa para residentes no exterior, e se convocan as correspondentes ao ano 2010. (DOG nº 54 de 22 de marzo de 2010).

Esta orde ten por obxecto promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

A asignación do número de prazas, para o ano 2010, queda fixada en:

Países Nº de prazas
Arxentina 108
Brasil 18
Cuba 14
Uruguai 90
Venezuela 7
Outros países 4

Serán beneficiarios desta resolución as persoas maiores galegas, as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga aos solicitantes do programa e os seus fillos.

Requisitos:

  1. Ser emigrante galego
  2. Ter nacionalidade española.
  3. Residir en América.
  4. Ter máis de 55 anos, contados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  5. Non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programa de viaxes a Galicia da Secretaría Xeral convocante.
  6. Ser válido por si mesmo e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.
  7. Ter familiares de ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir na súa estadía en Galicia.
  8. Ter ingresos inferiores a 3 veces o importe das pensións asistenciais por ancianidade do Estado español, fixado en 2009 para o país de residencia. Estes importes aparecen reflicitidos no anexo III desta resolución. Se o solicitante convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multipliar o 70% da devandita cifra polo número de conviventes menos un.

As persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga aos solicitantes do programa, terán que cumprir os requisitos sinalados nos anteriores apartados, números 3, 5 e 6.

Os fillos de emigrantes galegos que teñan a condición de galego terán que cumprir ademais os requisitos sinalados nos anteriores apartados, números 2, 3, 4, 5, 6, 7 e 8.

A documentación necesaria para solicitar dita axuda será a seguinte:

  • Solicitude normalizada segundo o modelo do anexo da orde de convocatoria.
  • Fotocopia do pasaporte español ou documento nacional de identidade español en vigor do solicitante ou certificación consular do solicitante para acreditar a nacionalidade española e a inscrición no Rexistro de Matrícula como residente.
  • Documentación acreditativa da última veciñanza administrativa galega. Os fillos de emigrantes deberán acreditar o feito, así como ter a condición de galego mediante a vinculación cun concello galego.
  • Documentación acreditativa da residencia en América, do lugar e data de nacemento, no caso de que estes datos non estean especificados na documentación anterior.
  • Nos países onde exista obriga de presentar declaración da renda das persoa físicas ou declaración similar, copia da última declaración presentada polo solicitante e/ou os membros da unidade económica familiar.
  • Nos países nos que non exista obriga de presentar declaración da renda das persoas físicas ou similar, certificación ou xustificante acreditativo dos ingresos, rendas ou pensións de calquer natureza que perciba o interesado e/ou os membros da unidade económica familiar.
  • Certificado médico segundo o modelo incluído no anexo III desta resolución, conforme o solicitante é válido por si mesmo e non padece trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e está en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.
  • Fotografía actual tamaño carné.
  • Libro de familia, se procede. No seu defecto documentación xustificativa do matrimonio, unión de feito ou relación análoga e do nacemento do resto de membro da unidade familiar.
  • Declaración de axudas solicitadas ou concedidas por outras administracións para a mesma actividade. Poderá presentarse no modelo que consta no impreso de solicitude (Anexo II).
  • Declaración de estar ao corrente das súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica e coa Seguridade Social, segundo figura no anexo II.
  • O cónxuxe ou persoa unida ao solicitante emigrante galego por unión de feito ou relación análoga, de ser o caso, deberá presentar a seguinte documentación:
            1. Fotocopia do pasaporte ou documento nacional de identidade en vigor.
            2. Documentación acreditativa da residencia en América.
            3. Certificado médico segundo o modelo incluído no Anexo II desta resolución, conforme é válido por si mesmo e non padece trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e está en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.
            4. Fotografía actual tamaño carné.
            5. Declaración de axudas solicitadas ou concedidas por outras administracións para a mesma actividade. Poderá presentarse no modelo que consta no impreso de solicitude (anexo I).
            6. Declaración responsable, que se publicará como anexo II á correspondente resolución anual de convocatoria, conforme o/a solicitante está ao día nas súas obrigacións tributarias estatais e autonómicas, e da Seguridade Social, así como que non ten débedas pendentes coa comunidade autónoma.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 22 de abril de 2010.

Neste ámbito, como axente de emprego e desenvolvemento local do concello estou á súa enteira disposición nas oficinas municipais para atender a calquera dúbida ou consulta que lle poida xurdir e proporcionarlle a colaboración necesaria na tramitación das solicitudes que poida presentar ó abeiro desta orde.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: