Anuncio: Axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da unión Europea.

O pasado 30 de marzo de 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 60, a Orde do 22 de marzo de 2010, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea.

Esta orde ten por obxecto a convocatoria de 100 bolsas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o Verán de 2010, co obxecto de coñecer a lingua dese pais.

Serán beneficiarios desta orde o alumnado universitario matriculado nalgunha das tres universidades do sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED de Galicia para o curso 2009/2010. As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2010.

Requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2009/2010 en calquera das universidades do sistema universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia, no derradeiro curso de estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico; na etapa de formación do terceiro ciclo ou nun máster universitario.
  • Ter superado no momento da presentación da solicitude 60 créditos de 1º ciclo ou 120 créditos en titulación de 1º e 2º ciclo, no caso de master universitario ter superados os estudos da titulación correspondente.
  • Atoparse matriculado, nos plans de estudos estruturados por créditos, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira. Para os estudos de master universitario, estar matriculado dun mínimo de 60 creditos nun master presencial.
  • Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 1,50 puntos, calculada cos parámetros publicados por resolución da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de marzo de 2005, DOG do 23 de marzo. No caso de alumnos de ensinanzas técnicas, a nota obtida polo alumno multiplicarase por un coeficiente corrector de 1,35 puntos.
  • O Curso debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais.

A documentación necesaria para solicitar dita axuda será a seguinte:

  • Solicitude, segundo modelo que figura como anexo I desta orde, asinada polo interesado, pais ou titores legais do solicitante.
  • Certificación académica oficial completa ou copia compulsada dela, con expresión da nota media do expediente académico.
  • Xustificante de matrícula da universidade no curso 2009/2010.
  • Orixinal ou copia do programa do curso de idiomas ao que se desexa asistir, no cal deberán figurar as datas de realización, período de duración, número de horas lectivas semanais e lugar de destino.
  • Declaración responsable do solicitante conforme non percibe ningún outro tipo de bolsa ou axuda de ningunha outra entidade pública para a mesma finalidade, coa que se entenderá cumprido o mesmo requisito esixido previamente ao derradeiro pagamento, no caso de non producirse variación.
  • Documento facilitado pola entidade bancaria a nome do interesado, no cal conste o número da conta do cliente e os códigos que identifican o banco, a oficina e o díxito de control.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2010.

Neste ámbito, como axente de emprego e desenvolvemento local do concello estou á súa enteira disposición nas oficinas municipais para atender a calquera dúbida ou consulta que lle poida xurdir e proporcionarlle a colaboración necesaria na tramitación das solicitudes que poida presentar ó abeiro desta orde.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: