Anuncio: Programa Reencontros na casa.

O pasado 22 de marzo de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 54, a Resolución do 16 de marzo de 2010, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das subvencións do Programa Reencontros na casa para residentes no exterior, e se convocan as correspondentes ao ano 2010. (DOG nº 54 de 22 de marzo de 2010).

Esta orde ten por obxecto promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

A asignación do número de prazas, para o ano 2010, queda fixada en:

Países Nº de prazas
Arxentina 108
Brasil 18
Cuba 14
Uruguai 90
Venezuela 7
Outros países 4

Serán beneficiarios desta resolución as persoas maiores galegas, as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga aos solicitantes do programa e os seus fillos.

Seguir lendo

Anuncio: Axudas a estudantes universitarios para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou similares.

O pasado 30 de marzo de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 60, a Orde do 22 de marzo de 2010, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas a estudantes universitarios para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou similares. (DOG nº 60, de 30 de marzo de 2010).

Esta orde ten por obxecto destinadas a sufragar parte dos gastos ocasionados pola asistencia a congresos, simposios, seminarios ou similares relacionados coas materias obxecto de estudo na titulación cursada, dirixidas ao alumnado universitario matriculado nalgunha das tres universidades do sistema universitario de Galica ou nos centros asociados da UNED en Galicia, para o curso 2009/2010.

Serán beneficiario desta orde os estudantes universitarios matriculados nunha das tres universidades do Sitema Universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Gallicia, para o curso 2009/2010.

Seguir lendo

Anuncio: Axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da unión Europea.

O pasado 30 de marzo de 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 60, a Orde do 22 de marzo de 2010, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea.

Esta orde ten por obxecto a convocatoria de 100 bolsas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o Verán de 2010, co obxecto de coñecer a lingua dese pais.

Serán beneficiarios desta orde o alumnado universitario matriculado nalgunha das tres universidades do sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED de Galicia para o curso 2009/2010. As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2010.

Seguir lendo