Bando 11/2010: Novo servizo: Punto de Información Catastral (PIC)

O Concello de Castrelo de Miño fai saber que se pon en funcionamento un novo servizo: Punto de Información Catastral (PIC), nas oficinas municipais, coa finalidade de lle dar resposta á crecente demanda dos numerosos veciños que non dispoñen dos medios técnicos apropiados, e necesitan información catastral das súas titularidades. Desta maneira, ofrécense todas as vantaxes da Oficina Virtual do Catastro sen máis que facer unha solicitude do servizo, e con plena validez e eficacia en calquera administración pública ou privada.

Dende o PIC, das oficinas do concello de Castrelo de Miño o titular catastral, ou o seu representante, pode acceder aos seguintes servizos:

  • Consulta libre de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Consulta e certificación electrónica de datos protexidos dos titulares catastrais, relativo aos bens inmobles da súa titularidade.

A documentación a aportar no momento da solicitude ten que ser a seguinte:

  • Titular dos bens inmobles:
    • Só o DNI
  • Representante do titular:
    • Autorización firmada polo titular.
    • Copia do DNI do titular.
    • DNI do representante.
  • Herdeiro dos bens: (Neste caso, enviarase a solicitude xunto coa documentación aportada á Xerencia Territorial do Catastro para a súa tramitación).
    • Documentación xustificativa do parentesco.
    • Certificado de defunción.

O PIC do Concello de Castrelo de Miño atende as demandas de información catastral de todos os veciños de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: