BANDO 10/2010: PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL

O concello de Castrelo de Miño fai saber que a Dirección xeral de Dependencia e Autonómia Persoal convocou unha nova edición do PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL, mantendo a modalidade de intercambio con Portugal, e retomando a modalidade de Turismo na praia na Residencia de Tempo Libre de Panxón, na modalidade de Turísmo Termal ofrécense un total de 2589 prazas e tres novos destinos (ademais dos xa existentes):Balneario de Augas Santas (Ferreira de Pantón. Lugo), Balneario de Dávila (Caldas de Reis. Pontevedra) e Balneario de Gutiriz (Guitiriz.Lugo).

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de abril.

É de resaltar que no turismo termal existen dúas opcións:

–         A de “todo incluído”, que comprende os servizos de transporte, aloxamento e manutención, tratamento termal, actividades de animación sociocultural e póliza colectiva de seguros (nesta quenda reservanse 40 prazas gratuítas para persoas en precariedade ecónomica e 50 prazas para matrimonios que cumpren as vodas de ouro no ano en curso abonarán o 50% do prezo establecido da estadía).

–         A de só tratamento termal, que comprende exclusivamente este servizo. Esta opción facilítalle ás persoas que poidan efectuar o desprazamento pola súa conta a posibilidade de gozar dos beneficios terapéuticos das augas termais da súa localidade a un prezo moi asequible.

Para  obter máis información ou cursar a solicitude os interesados poden dirixirse ó departamento de servizos sociais do concello, os luns, mércores e venres.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: