Castrelo de Miño acolle do 12 ao 14 de marzo o Open das Nacións de Remo.

Presentouse na Deputación de Ourense o Open das Nacións de Castrelo de Miño nunha multitudinaria rolda de prensa. Na edición deste ano o Open das Nacións reunirá a 700 deportistas de toda España e Portugal, e doutros países.

A Federación Española concedeulle á cita ourensá o rango de Campionato de España de Seleccións Autonómicas, polo que estarán a maioría das autonomías representadas en Castrelo de Miño.

Presentouse oficialmente na Sala de Xuntas da Deputación de Ourense o Open das Nacións-IV Descenso do Ribeiro, que reservado a embarcacións olímpicas de remo das categorías de Outtriger a 8 con temoneiro e Scull 4 feminino para a proba do Descenso e do resto das categorías na proba de velocidade, reunirá en Castrelo de Miño entre os días 12 ao 14 de marzo, a preto dun centenar de embarcacións de practicamente toda España e Portugal, con 700 atletas en competición, así como doutros países europeos. En xogo os grandes premios Maeloc para a categoría masculina e Caixanova na feminina.

Á multitudinaria rolda de prensa ofrecida aos medios de comunicación asistían o Vicepresidente da Deputación Plácido Alvarez, así como o Delegado da Xunta Rogelio Martínez, o Tenente Alcalde de Castrelo Alfredo Fernández, a Concelleira de Turismo de Ourense Ana Garza, a Xerente de Turgalicia María del Carmen Pita Urgoiti, o Delegado de Begano Fernando Freire e o Director de Relacións Institucionais de Caixanova en Ourense Amadeo Rodríguez. Por parte dos organizadores Beatriz Alberte Presidenta do Club Náutico Castrelo de Miño, Franco Cobas do Náutico de Vigo, Francisco Quiroga de Agan, Manuel Seijas pola Federación Española de Remo e o Secretario Xeral do Open Manuel Pedro Seoane.

O Open das Nacións conta cun orzamento global da orde do cento corenta mil euros. O obxectivo do evento é continuar a consolidación do mesmo e que se converta nun referente FISA a nivel continental. A concesión de que sexa o Campionato de España de Seleccións Autonómicas, é unha clara lombeirada neste sentido.

A participación tanto de España como de Portugal, será moi nutrida. Confirmaron a súa presenza Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra, Aragón, Cataluña, Comunidade Valencia, Madrid e Andalucía, sendo esta a delegación máis numerosa de todos con 70 atletas. Os andaluces establecerán o seu cuartel xeral no Carballiño.

No que respecta a representacións estranxeiras, a de Portugal será a máis numerosa. Polos lusitanos estarán o Club Infante Don Enrique de Gondomar, o Sport Club do Porto, o Portuense tamén do Porto, o Figueirense de Figueira dá Foz e o Arco de Viana do Castelo entre outros. Tamén estarán británicos, irlandeses, austríacos e rusos, lista que seguro se verá incrementada ao longo do que falta de semana e a próxima.

Clubs que estarán a máis diso as súas seleccións serán o cántabro de Astillero que se impuxo nos tres descensos celebrados, Real Club Náutico de Vigo, Castropol e Vegadeo de Asturias, Perillo da Coruña, Club de Remo de Tui e Náutico de Sevilla ao día de hoxe.

A xornada do venres 12 de marzo está reservada aos adestramentos oficiais, sendo o sábado a partir do nove e media da mañá a competición de 1000 metros (os barcos sairán en quendas de seis, contra-reloxo). O domingo con inicio ao dez e media da mañá tocaralle a quenda ao Descenso con 6500 metros con inicio no Balneario de Laias e chegada en Castrelo de Miño. En definitiva evento de altos voos en Ourense, que para moitos é o referente deportivo da provincia a nivel internacional.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: