Bando 6/2010: Vivendas sociais protexidas en Castrelo de Miño

O Concello de Castrelo de Miño fai saber que tras a reunión mantida entre esta alcaldía e o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo estase a realizar a planificación para a construción de vivendas de promoción pública no concello de Castrelo de Miño, para o que se necesita que haxa unha demanda dos veciños de Castrelo de Miño que estean interesados nestas vivendas.

Un dos requisitos imprescindibles para poder optar no seu día a unha destas vivendas é estar de alta no Rexistro de Demandantes de Vivenda protexida de Galicia do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Quen teñan interese en darse de alta neste Rexistro poden facelo acudindo ás oficinas do Concello de Castrelo de Miño no que poderán ter máis información así como tramitar dende aquí a súa solicitude de alta.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: