Bando 4/2010: Curso básico de Proteccíon Civil.

O Concello de Castrelo de Miño fai saber que a Academia Galega de Seguridade convocou 20 cursos básicos de protección civil (DOG nº 16 do 26 de xaneiro de 2010), co fin de dotar ós integrantes dos servizos de protección civil dos coñecementos teórico-prácticos mínimos e xerais para o correcto desenvolvemento das súas actividades.

Os cursos van dirixidos ós integrantes dos servizos de protección civil e terán unha duración de 20 horas lectivas. Realizaranse no primeiro cuadrimestre do presente ano, en datas que se confirmarán coa suficiente antelación ó seu inicio.

O lugar de realización determinarase en función da localización das solicitudes recibidas.

Para anotarse no curso Básico de protección Civil ou como voluntario da AVPC de Protección Civil de Castrelo de Miño, terá que achegarse ata as oficinas municipais e facer a pertinente solicitude.

O prazo de inscrición finaliza o día 16 de febreiro de 2010.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: