Anuncio: Cursos de lingua galega preparatorios para obter os Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para adultos e colectivos de Galicia (ED104B).

O pasado 11 de xaneiro de 2010, se publicou no Diario Oficial de Galicia nº 5, a Resolución do 4 de xaneiro de 2010, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2010.

Esta resolución ten por obxecto anunciar a convocatoria pública para solicitar participar en cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos, entidades e/ou organizacións, con carácter voluntario e gratuíto. Convócanse un total de 185 cursos.

Os cursos realizaranse nas localidades que se citan no anexo III da citada resolución e naquelas que determine a Secretaría Xeral de Política Lingüística, segundo as solicitudes presentadas e a distribución xeográfica destas, agrupándoas preferentemente por bisbarras.

Serán beneficiarios destes cursos:

  • Particulares que desexen participar nalgún dos cursos.
  • Colectivos, entidades e/ou asociacións que desexen organizar cursos de lingua galega e que conten cun mínimo de 25 persoas preinscritas para participar nos cursos (nome, apelidos e número de DNI/pasaporte).

O prazo de presentación de solicitudes rematará:

  • Ata o día 10 de febreiro de 2010, para os particulares que desexen participar nos cursos programados para os meses de marzo e xuño (primeira quenda).
  • Ata o día 21 de xuño para os particulares que desexen participar nos cursos programados para os meses de xullo e/ou agosto (segunda quenda).
  • Ata o día 10 de setembro, para os particulares que desexen participar nos cursos programados para os meses de setembro, outubro e novembro (terceira quenda).
  • Ata o día 27 de febreiro para os colectivos, entidades e asociacións que pretendan organizar cursos entre os meses de abril e novembro.

Neste ámbito, a axente de emprego e desenvolvemento local do concello esta á súa  disposición nas oficinas municipais para atender a calquera dúbida ou consulta que lles poida xurdir e proporcionarlle a colaboración necesaria na tramitación das solicitudes que poida presentar ó abeiro desta orde.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: