Bando 2/2010: Cursos gratuítos para as probas dos niveis CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 e CELGA 4.

O Concello de Castrelo de Miño fai saber que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria anuncia a convocatoria pública para participar en cursos de lingua galega preparatorios para as probas de niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos (os colectivos, entidades ou/e asociacións que desexen organizar estes cursos terán que contar cun mínimo de 25 persoas preinscritas).

Dende o concello intentarase formar grupos de nivel para solicitar a realización dos distintos cursos do Celga, sempre que se conte co mínimo de 25 persoas necesarias para cada un dos diferentes niveis.

Os cursos terán unha duración de 75 horas lectivas. E as probas correspondentes faranse en maio e novembro de 2010.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o día 25 de febreiro de 2010.

Para anotarse neste listaxe deberá acudir as oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:00, provisto do D.N.I. antes da antedita data.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: