‘Granxeiros virtuais’ cultivarán Castrelo de Miño

O noso Concello convoca o primeiro encontro internacional.

O primeiro encontro de granxeiros virtuais’ de España desenvolverase o próximo 27 de decembro en Castrelo de Miño. Coincidindo coa primeira feira de produtos agrícolas, artesanía e conservas caseiras que o Concello quere instaurar todos os últimos domingos de mes, esta iniciativa pretende conxugar a agricultura real coa virtual, sendo esta unha auténtica revolución mundial dentro das redes sociais. Os Âgranxeiros virtuais’ que o desexen poderán pasar a noite gratis no albergue do municipio.

Si as redes sociais supuxeron nos últimos anos unha auténtica revolución no que ao mundo da comunicación se refire, as denominadas granxas virtuais’ convertéronse nos últimos meses nunha das súas aplicacións estrela.

A través de plataformas como ‘Farmville’, ‘Farm town’ ou Amigos da granxa’, internautas de todo o mundo interactúan mediante a sementa e recolección de colleitas, o coidado de animais ou a decoración das súas singulares explotacións agrícolas. Todo a golpe de ‘click e sen necesidade de mancharse arando a terra ou estar pendente das inclemencias meteorolóxicas ou da presenza de xabaríns que arruínen as plantacións. A medida que o proceso avanza, o granxeiro virtual recibe diñeiro virtual, que reinviste en comprar artigos tamén virtuais para seguir enriquecendo a súa granxa. Así mesmo, pode axudar aos seus ‘veciños virtuais’ fertilizando as súas colleitas ou, mesmo, pode amolalos roubándolles hortalizas maduras.

Este pasatempo, adscrito á rede social máis numerosa do mundo, Facebook, con máis de 300 millóns de usuarios, conta con 62 millóns de ‘granxeiros’ na súa aplicación máis coñecida: Farmville.

Convocatoria

O Concello de Castrelo de Miño non quixo ser alleo a este bum recreativo e convocou o primeiro Encontro de granxeiros virtuais que se desenvolve en España. Será o próximo día 27, coincidindo coa primeira feira de produtos agrícolas, artesanía e conservas caseiras do municipio que o Concello quere instaurar en todos os últimos domingos de cada mes, nas reformadas instalacións do Parque Náutico de Castrelo de Miño.

Dáse a circunstancia que neste municipio, eminentemente rural e vitivinícola, son moitos os veciños que conxugan o seu labor habitual nas ‘leiras’ coas colleitas virtuais. Todo se debe a que en Castrelo de Miño máis do 60% da poboación conta con conexión wifi gratuíta a internet, despois de que en 2008 comezase este proxecto municipal, cuxa implantación concluirá este mes (as obras de instalación están adscritas ao Plan E) chegando ao 90% dos seus habitantes. O período de proba desta iniciativa culminará o ano próximo, cando o Concello saque a concurso a súa explotación, co fin de seguir dando servizo de banda ancha a un módico prezo (sobre 20 euros).

O alcalde de Castrelo de Miño, o nacionalista Xurxo Rodríguez Méndez, recoñece que a idea de convocar un encontro de ‘granxeiros virtuais partiu tras comprobar o curioso e crecente apego dos agricultores reais a este pasatempo tan de moda. É por iso que o día 27 realizaranse concursos, tanto de explotacións virtuais como de produtos hortícolas reais, co fin de axuntar ambas as tendencias. É dicir, os máis avezados Âgranxeiros virtuais recibirán de premio os mellores produtos das hortas de Castrelo de Miño, así como as máis selectas conservas que os veciños elaboraron tras participar en diversos cursos convocados durante este ano polo Concello.

Para quen estean interesados en participar, o Concello de Castrelo de Miño porá a disposición unha aula de informática e a liña wifi para aqueles que acudan coa súa propio portátil. Así mesmo, o albergue municipal dará aloxamento gratuíto na noite do sábado 26 a aqueles granxeiros virtuais que desexen pasar a noite no municipio.

Advertisements

Unha resposta

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: