BANDO 41/2009: PLAN DE AXUDA PARA ALIMENTOS DA COMUNIDADE EUROPEA ÓS MÁIS NECESITADOS


O concello de Castrelo de Miño fai saber
que todo aquel que queira ser beneficiario do Plan de Axuda de alimentos da Comunidade Europea ós máis necesitados de galicia, e que cumpra os seguintes requisitos:

–         Vivir e estar empadroado no Concello de Castrelo de Miño.

–         Non superar unha estimada renda por persoa ou en función do número de membros que formen parte da unidade familiar:

  1. Un membro – 4.745 euros/ano.
  2. Dous membros – 9.417 euros/ano.
  3. Tres membros – 14.235 euros/ano.

Acuda o departamento de servizos sociais dende o 4 de Xaneiro o 29 de Xaneiro do 2010 luns e venres de 9:00 a 14:00 horas, para que o inclúan no Plan de Axuda coa seguinte documentación:

–         DNI

–         Certificado de convivencia.

–         Certificación de pensións ou ben certificación de retribucións da empresa na que estivese dado de alta se fose o caso de todos os convivintes. (Paro ou axudas económicas da seguridade social).

–         Declaración da renda ou Certificación Negativa de Facenda.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Deixar un comentario