Castrelo de Miño superou con éxito a avaliación da Federación Internacional de Remo e organizará no ano 2012 a Copa da Xuventude.

Tralos éxitos de organización acadados nos últimos anos, coa celebración de importantes campionatos a nivel estatal e europeo, Castrelo de Miño prepárase para afrontar novos retos internacionais.

O directivo da Federación Internacional de Remo (FISA) D. Lionel Girard, realizou unha visita institucional ás instalacións náuticas de Castrelo este xoves día 26 de Novembro. Á mesma, acudiu acompañado de D. Fernando Climent Huerta, Presidente da Federación Española de Remo (FER) e de D. José Prada Álvarez, Presidente da Federación Galega de Remo (FEGAR), así como dos directivos Sres. Luís Mª Lasurtegui e José Manuel Seijas.

Ás 10 da mañá foron recibidos no Salón de Plenos do Concello de Castrelo de Miño polo alcalde D. Xurxo Rodríguez Méndez, que lles realizou unha exposición das características e posibilidades do Parque Náutico de Galicia, e lles fixo entrega dun amplo dossier informativo, que foi valorado moi positivamente polos representantes da FISA, pola información detallada, tanto a nivel deportivo, como a nivel turístico.

Uns dos puntos máis valoradas pola tres federacións de remo, a internacional, a española e a galega, foi o adianto que o alcalde D. Xurxo Rodriguez lle fixo dos estatutos do Padrodado do Complexo de Turismo Naútico de Castrelo de Miño, que terá como obxectivo a xestión dos servicios e instalacións públicas deportivas e turísticas municipais e a promoción das actividades físicas e deportivas. Este padroado para a consecución dos seus obxectivos realizará as seguintes funcións: Promoción, construcción, conservación e mantemento das instalacións deportivas e turísticas municipais do Complexo de Turismo Naútico, así como a xestión do seu uso, potenciando os seus factores básicos.

Visto o apoio recibido por estas federacións, nas vindeiras datas os estatutos do padroado serán remitidos a todas as administracións públicas de ambito local, provincial, autonómico e estatal convidándoas a formar parte deste Padroado que vai supor a profesionalización e o aproveitamento definitivo das instalacións náuticas de Castrelo de Miño.

Esta visita é froito da solicitude realizada a comezos do ano 2009 polo Concello de Castrelo de Miño, que permitiu que no pasado mes de setembro, a FISA, nunha reunión mantida en Vichy-Francia aceptara a solicitude conxunta do Concello de Castrelo de Miño e da Federación Española de Remo para organizar a “Copa da Xuventude 2012”. A copa da Xuventude de Remo é o Mundial para remeiros de entre 15 e 18 anos. Este será un dos eventos deportivos máis importantes da provincia de Ourense. A alta participación asegura traballo para os aloxamentos e comercios dunha ampla zona que abarca o Concello de Castrelo de Miño, as comarcas do Ribeiro e do Carballiño, e o Concello de Ourense.

Por iso, unha parte importante da visita foi a avaliación dos aloxamentos que están dispoñibles na zona. Así, ao rematar a visita ás instalacións do Parque Náutico de Castrelo de Miño, nun autobús fletado polo Concello de Castrelo de Miño, desprazaranse a distintos establecementos hosteleiros, hoteis, casas de turismo rural, balnearios, restaurantes… de toda a comarca do Ribeiro, do Carballiño e da cidade de Ourense, para testar a capacidade de aloxamento de deportistas e visitantes que vai recibir Ourense nesta importantísima competición internacional.

Visitaron a Residencia de Tempo Libre do Carballiño e intercambiaron datos sobre a capacidade hoteleira do Carballiño. Posteriormente dirixironse á cidade de Ourense. Tamén visitaron o hotel balneario de Laias e varias casas de turismo rural de Ribadavia e do Ribeiro.

A valoración realizada por D. Lionel Girard foi moi positiva, xa que é a primeira vez que a federación internacional de remo visita Castrelo de Miño, e comprobou insitu as capacidades do Parque Náutico de Galicia. Destacou tamén D. Lionel Girard que a Copa da Xuventude ía ser a primeira competición internacional amparada pola FISA que se realizará en Castrelo, pero salientou que a incorporación ao calendario internacional, supón non só a organización deste campeonato senón tamén a realización de campeonatos mundiales de distintas categorías todolos seguintes anos. Manifestou tamén que consideraba que Castrelo de Miño e toda a zona, é un lugar moi axeitado para a concentración de clubes e seleccións de remo, e que así o ía propor na próxima reunión da FISA, convertir Castrelo de Miño nun lugar de entrenamento e concentración permanente.

O alcalde de Castrelo de Miño, D. Xurxo Rodríguez mostroulle o seu agradecemento polas valoracións realizadas e pola promoción internacional que desde a Federación Internacional de Remo lle van a dar a Castrelo de Miño e a toda a comarca do Ribeiro, Carballiño e Ourense.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: