Castrelo de Miño prepárase para afrontar novos retos internacionais.

Este xoves visitarán as instalacións náuticas municipais Lionel Girard representante da Federación Internacional de Remo (FISA) acompañado do Presidente da Federación Española de Remo e o Presidente da Federacion Galega de Remo.

A FISA, nunha reunión mantida en Vichy-Francia aceptou a solicitude do Concello de Castrelo de Miño e da Federación Española, e concedeulles a organización da “Copa da Xuventude 2012”.

Durante este xoves, visitarán as instalacións do Parque Náutico de Castrelo de Miño, así como establecementos hosteleiros de todo a comarca do Ribeiro, do Carballiño e da cidade de Ourense.


Tralos éxitos de organización acadados nos últimos anos, coa celebración de importantes campionatos a nivel estatal e europeo, Castrelo de Miño prepárase para afrontar novos retos internacionais.

O señor Lionel Girard representante da Federación Internacional de Remo (FISA) vai realizar unha visita institucional ás instalacións náuticas de Castrelo mañá xoves día 26 de Novembro. Á mesma, acudirá acompañado de D. Fernando Climent Huerta, Presidente da Federación Española de Remo (FER) e de D. José Prada Álvarez, Presidente da Federación Galega de Remo (FEGAR), así como dos directivos Sres. Luís Mª Lasurtegui e José Manuel Seijas.

Ás 10 da mañá serán recibidos no Salón de Plenos do Concello de Castrelo de Miño polo alcalde D. Xurxo Rodríguez Méndez, que lles realizará unha exposición das características e posibilidades do Parque Náutico de Galicia, e lles fará entrega dun dossier informativo.

No pasado mes de setembro, a FISA, nunha reunión mantida en Vichy-Francia aceptou a solicitude conxunta do Concello de Castrelo de Miño e da Federación Española de Remo, e concedeulles a organización da “Copa da Xuventude 2012”.

A copa da Xuventude de Remo é o Mundial para remeiros de entre 15 e 18 anos. Este será un dos eventos deportivos máis importantes da provincia de Ourense. A alta participación asegura traballo para os aloxamentos e comercios dunha ampla zona que abarca o Concello de Castrelo de Miño, as comarcas do Ribeiro e do Carballiño, e o Concello de Ourense.

Ao rematar a visita ás instalacións do Parque Náutico de Castrelo de Miño, desprazaranse a distintos establecementos hosteleiros, hoteis, casas de turismo rural, balnearios, restaurantes… de toda a comarca do Ribeiro, do Carballiño e da cidade de Ourense, para testar a capacidade de aloxamento de deportistas e visitantes que vai recibir Ourense nesta importantísima competición internacional.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: