Bando 40/2009: Presentación de solicitudes para Xuiz de Paz de Castrelo de Miño


O Concello de Castrelo de Miño fai saber que rematado o período de catro anos polo que se nomearon xuíz de paz titular e xuíz de paz sustituto deste concello e ó abeiro do establecido nos artigos 101 e 102 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, anúnciase o prazo para a admisión de solicitudes ós devanditos cargos que remata o 14 de decembro de 2009.

1.- CONDICIÓNS:

–          Ser español.

–          Ser maior de idade.

–          Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade e incompatibilidade previstas para o desempeño das funcións xudiciais, a excepción do exercicio de actividades profesionais e mercantís.

 

2.- DOCUMENTACIÓN:

–          Solicitude.

–          Certificación de nacemento ou fotocopia compulsada do DNI.

–          Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes.

–          Declaración xurada de non estar inculpado ou procesado.

–          Xustificación dos méritos que se aleguen.

 

3.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

–          O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a contar desde o día seguinte ó da publicación no Boletín oficial da Provincia, dende o día 24 de novembro ata o 14 de decembro ambolos dous incluidos.

 

4.- LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

–     Nas oficinas do Concello de Castrelo de Miño.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: