BANDO 39/2009: PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA

O Concello de Castrelo de Miño fai saber que a Consellería de Sanidade, a través do “PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DE CANCRO DE MAMA”, pon a disposición das señoras que serán citadas mediante carta persoaliza un medio de transporte gratuíto, para facilitarlle o acceso desde o municipio de Castrelo de Miño á Unidade de Exploración Mamográfica ubicada na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade sita na Avenida de Zamora, nº 13 en Ourense.

O uso deste transporte non é obrigatorio, polo que dependendo da hora en que cada muller teña cita na Unidade de Exploración de Ourense, que se indicará na carta que lle mande a Consellería de Sanidade tamén poderá acudir polos seus propios medios.

De facer uso do servizo de transporte gratuíto, os autobuses estacionarán os días que lle indiquen na carta ás horas e nas paradas seguintes:

LUGAR                                                                        HORARIO

MACENDO …………………………………….8,00……………….10,00 …………….12,00

(diante do consultorio médico)

BARRAL ………………………………………. 8,20……………….10,20 …………….12,20

(diante da casa do concello)

PRADO DE MIÑO…………………………… 8,25……………….10,25…………….12,35

(na nova parada de autobús ao lado da tenda)

ASTARIZ ………………………………………. 8,35 ……………..10,35……………..12,35

(diante do grupo escolar)

O que se fai público para xeral coñecemento.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: