O Concello de Castrelo de Miño acolle esta semana a corenta nenos de diferentes Núcleos de Sostibilidade de Galicia nun campamento dedicada a fortalecer os bos usos medioambientais

Organizado pola Asociación Galega de Actividades Náuticas financiado pola Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras e coa colaboración do clube Náutico de Castrelo de Miño.

Están aloxados no albergue municipal ubicado no Parque Náutico de Galicia en Castrelo de Miño 9 nenos de A Bola, 14 nenos de Pontecaldelas, 7 nenos de Poio, 1 neno de Vilaboa, e 9 nenos de Covelo, con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos.

As actividades programadas, tales como rutas de sendeirismo, iniciación o piragüismo, a vela e o winsurf, entre outras, están íntegramente programadas para a súa realización dentro do entorno de Castrelo de Miño, facendo incursións educativas da flora e fauna do contorno e actividades lúdico-deportivas no Parque Náutico tales como xogos e veladas.

O obxectivo destes campamentos de verán e que os nenos recoñezan a importancia do medio natural que rodea os encoros con actitude de interese e respecto, mediante a propia experiencia e actividades lúdicas para identificar as súas características máis significativas.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: