Castrelo de Miño foi de novo o epicentro do remo.

remo

remo5

remo6

R.C.N. Tarragona, Náutico Sevilla e RC Mediterraneo podio no Campionato de España alevín, infantil e cadete, celebrado en Castrelo de Miño. A proba contou coa participación de 834 remeiros de 60 clubs de todo o país.

Éxito organizativo e de participación neste Campionato de España para as categorías alevín infantil, cadete e por primeira vez remo adaptado para discapacitados. Durante 4 días Castrelo de Miño actuou de punto de promoción turística para a provincia de Ourense congregando a preto de 2.000 persoas de toda España.

O R.C.N. Tarragona fíxose co título no denominado Trofeo Promoción de remo ao lograr a primeira posición no medalleiro do Campionato de España alevín, infantil e cadete, celebrado na localidade ourensá de Castrelo de Miño. Os tarraconenses superaron ao Club Náutico Sevilla e ao Mediterráneo de Málaga, impóndose en canto a número de metais conquistados, con cinco ouros, unha prata e dous bronces pondo así de manifesto o potencial da súa canteira. O Náutico de Sevilla lograba dous ouros, cinco pratas e un bronce que lle valeron o 2º posto mentres que e Club Mediterráneo logrou a terceira posición por equipos grazas a dúas vitorias, dous segundos postos e un terceiro conseguidos polos seus representantes.

O mellor club galego foi o Miño de Tui cunha prata conseguida en skiff infantil masculino. Por parte do club anfitrión o Náutico de Castrelo Lucas Tabarés-Costa foi o máis destacado obtendo un 7º posto en skiff alevín masculino tras imporse na Final B.

Hai que destacar a participación de 7 deportistas na modalidade de remo adaptado na que vencía o olímpico Juan Pablo Barcia Alonso do Club Remeiros do Eo demostrándose así o progreso desta modalidade no remo español.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: