O secretario xeral para o Deporte destaca que 59 clubs de toda España participarán este fin de semana en Castrelo do Miño no Campionato de España de remo olímpico

José Ramón Lete Lasa presentou hoxe esta proba e salientou que Galicia estará representada por 18 agrupacións

Están apuntadas ás probas preto de 400 embarcacións

foto xurxo presentacion remo 090709ourense

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou hoxe na sede deste departamento no estadio de San Lárazo o Campionato de España de remo olímpico que se celebrará este fin de semana no encoro de Castrelo do Miño, en Ourense. Lete Lasa destacou que a localidade ourensá acollerá participantes de 59 clubs de diferentes zonas de España, de entre 10 e 16 anos, e preto de 400 embarcacións.

O secretario xeral para o Deporte estivo acompañado nesta presentación polo presidente da Federación española de remo, Fernando Climent, o presidente da Federación galega, José Prada, o alcalde de Castrelo do Miño, Xurxo Rodríguez, ademais das directivas dos clubes galegos participantes nas probas.

O secretario para o Deporte salientou que Galicia estará representada por 18 clubs: CR Vilaxóan, RCN de Vigo, CM de Noia, Amegrove CM, CM de Mugardos, CR Ares, A Cabana- Ferrol, SD Samertolameu, CR Perillo, AD Esteirana, CR do Miño, Náutico Castrelo, San Felipe, Mariñeiros- Fontán Sada, CR Robaleira, Ría de Marín, Regatas do Pasaxe, e Agrupación Deportiva ADER.

Lete Lasa explicou que Castrelo de Miño acollerá, en concreto, as probas do Campionato de España para as categorías alevín, infantil e cadete durante os días 10, 11 e 12 de xullo en xornadas de mañá e tarde. Disputarase, ademais, o Torneo Promoción, creado no ano 2004 pola Federación española de remo, para premiar aos clubs cos mellores resultados nestas categorías.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: