Bando 24/2009: Normas de utilización das piscinas municipais.

En harmonía co disposto no artigo 30 do Decreto 103/2005, do 6 de maio, polo que se establece a regulamentación técnico-sanitaria de piscinas de uso colectivo, son normas de obrigado cumprimento para os usuarios das piscinas municipais de Castrelo de Miño as que a continuación se indican:

a) O aforo máximo de utilización simultánea do vaso da instalación será de 156 bañistas.

b) É obrigado a ducha antes da inmersión na auga dos vasos.

c) É obrigado a utilización de chancletas ou calzado de baño persoal nas zonas de pés descalzos.

d) Está prohibida a entrada na zona de baño con calzado de rúa.

e) Está prohibida a entrada de animais nas instalacións agás cans guía.

f) Está prohibido comer, beber e fumar na zona de praia reservada ós bañistas.

g) Está prohibido abandonar desperdicios dentro do recinto da instalación, debendo empregar as papeleiras e outros recipientes destinados para o efecto.

h) Recoméndase o uso do gorro de baño na piscina.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: