O Alcalde de Castrelo de Miño reuniuse co presidente da Confederación Hidrográfica do Miño – Sil, e acadou o compromiso de que a Confederación axilizará os trámites e as obras da mellora do entorno do Parque Náutico para que estexan listas este ano 2009.

O proxecto ten un orzamento inicial estimado de 500.000 €

O alcalde Xurxo Rodríguez Méndez, trasladou tamén a necesidade de limpar as marxes de dous regatos afluentes do Miño, o Fragoso e o Cuqueira e Fernández Liñares mostrouse disposto a levar a cabo os traballos de limpeza neses dous regatos cun custo considerado superior aos 50.000 euros.

xurxo presidente confederacion hidrográfica

O Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, Francisco Fernández Liñares, analizou co alcalde de Castrelo de Miño este xoves os proxectos que o seu departamento ten neste Concello. Entre os que sobresae o de ordenación e mellora do Entorno do Parque Náutico, cun presuposto inicial estimado de 500.000 euros.

Destaca a Confederación Hidrográfica que a superficie de actuación se aproxima aos 2.954,00 metros cadrados e, o proxecto inclúe traballos de pavimentación, limpeza e acondicionamento.

Executarase un itinerario que vertebrará os distintos espazos do paseo e, que servirá de conexión entre a piscina e o campo da anguía que se encontra ao final do traxecto. Trátase dunha senda transitable branda na que se empregarán materiais que se integren no ámbito natural. Aproveitarase a actuación para dotar o paseo fluvial do mobiliario urbano axeitado.

Fernández Liñares comprometeuse a axilizar os trámites necesarios para que a execución deste proxecto comece cantos antes. “Na medida dos posible gustaríanos que esta obra estivese rematada a finais deste ano”, sinalou o presidente da CHM-S

Durante a reunión de traballo o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Méndez, trasladou a necesidade de limpar as marxes de dous ríos que atravesan o municipio e que son afluentes do Miño, o Fragoso e o Cuqueira.

Fernández Liñares mostrouse disposto a levar a cabo os traballos de limpeza neses dous ríos, concretamente nun traxecto de 2 quilómetros do río Fragoso e 2,5 Kilómetros do Cuqueira, cun custo considerado superior aos 50.000 euros.

“Dende a Confederación estase a facer un traballo importante para manter todos os ríos da conca no mellor estado posible, por iso, estamos a facer un esforzo económico e de persoal para acelerar as limpezas das marxes”, sinalou o repecto o presidente desta conca fluvial.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: