ANUNCIO: Axudas a asociacións e institucións culturais para a realización de actividades culturais.

O pasado 8 de abril 2009, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 68, a Orde do 18 de maio de 2009, da Consellería de Cultura e Deporte, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a asociacións e institucións culturais de ámbito territorial igual ou superior ao provincial para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009. (CD205A).

Esta orde ten por obxecto a subvencións para a realización de programas ou actividades destinadas á promoción e cooperación e á difusión e animación sociocultural, contribuíndo ao espallamento e promoción da cultura galega. En concreto:

1. Programas de actividades culturais concretos, en particular aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural; á difusión que contribúen ao espallamento da cultura galega, gastos de persoal para a dirección e coordinación das actividades.
2. Inclúese nesta orde os programas e actividades desenvolvidas desde o 1 de xaneiro de 2009 ate a data límite de xustificación desta orde.

Serán beneficiarios desta orde as asociacións e institucións culturais sen ánimo de lucro, con domicilio social en Galicia, que teñan un ámbito territorial de actuación igual ou inferior á provincia e que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se atopen legalmente constituídas e inscritas nos rexistros correspondente, así como no censo de actividades culturais da Consellería de Cultura e Deporte.

A documentación que deberá acompañar a solicitude e a seguinte:

– Fotocopia do NIF ou CIF fa entidade e DNI do representante.
– Documentación que acredite a representación da persoa que formula a solicitude.
– Declaración de subvenciones solicitada para o mesmo fin ás administracións públicas (anexo II).
– Memoria relativa ao programa ou actividade que se vai desenvolver que constará como mínimo de :

• Descrición o mais detallada posible do programa e de cada unha das actividades que o compoñen.
• Xustificación do seu interese, orixinalidade e carácter innovador.
• Contribución ao fomento e difusión da cultura galega.
• Emprego da lingua galega.
• Potencial número de beneficiarios do programa ou actividade.
• Repercusión territorial.

– Calendario de execución de cada unha das actividades.
– Orzamento desagregado de ingresos e gastos de cada unha das actividades que integran o programa.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 8 de maio de 2009.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: