ANUNCIO: Prestación económica de pagamento único por fillo/a menor de tres anos.

O pasado 3 de abril de 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 65  a Orde do 11 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da presentación económica de pagamento único por fillo/a menor de tres anos para o ano 2009. (VP410A).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación familiar por fillo/a menor de tres anos así como a convocatoria destas axudas para o presente ano 2009.

Serán beneficiarios desta orde:

– As persoas que teñan ao seu cargo fillos/as menores de tres anos á data do 1 de xaneiro de 2009 (nacidos entre o 02/01/2006 e o 01/01/2009, inclusive).
– Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, o beneficiario da prestación será o pai/nai que teña a custodia dos fillos/as.
– Os estranxeiros que residan en Galicia poderanse beneficiar desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e os requisitos establecidos nesta norma e tivesen a condición de contribuíntes aos efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto da renda das persoas físicas.

Os requisitos necesarios para a concesión da prestación serán:

– Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.
– Que na data de solicitude os nenos/as convivan coa persoa solicitante.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 13 de maio de 2009.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: