O combinado catalán conseguiu 182 puntos e gañou 11 das 18 probas das que constaba a Copa. Segunda foi Andalucía con 138 e terceira quedou Galicia con 106. O cuarto lugar foi para Euskadi con 81. Xa a moita distancia quedaron a Comunidade Valenciana, Cantabria, Asturias, Navarra, Comunidade de Madrid e Aragón.
A representación galega conseguiu imporse en dúas probas. O sábado, Nuria Domínguez e Meritxell Alonso lograban a primeira praza no dobre scull absoluto feminino cun tempo de sete minutos e 36 segundos.
Outros 12 puntos conseguían os mozos do catro sen temoneiro cadete masculino. Alejandro Fernández, Jorge Rodríguez, Anxo Martínez e Jaime De Feixe chegaban á meta cun tempo de seis minutos e 48 segundos, con cinco de vantaxe sobre o combinado vasco e o catalán.
A Copa do Rei pechouse coa espectacular proba de oito con temoneiro absoluto masculino, na que se impuxo Euskadi.
Fonte: La Región
Filed under: Deporte |
Deixar unha resposta