Perucho, Teresa Portela e Tania Fernández vencen no campionato galego de Inverno de piragüismo que se disputou en Castrelo.

piragua

Os grandes nomes do piragüismo galego, Carlos Pérez Rial, Perucho, Teresa Portela e Tania Fernández non defraudaron onte tras vencer con contundencia nas súas respectivas categorías durante o XXV campionato galego de Inverno que se disputou en Castrelo de Miño. Nas diferentes probas participaron 31 clubs e mais de 300 deportistas.

Os piragüistas mais distinguidos do panorama galego non defraudaron, así Carlos Pérez Rial, Perucho, medallista de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín; Teresa Portela, quinta en K4-500 e participante nas semifinais de K1-500 en Pequín, e Tania Fernández, nomeada mellor promesa feminina de 2008 pola Federación Galega de Piragüismo, conseguiron vencer nas probas de K-1 home sénior, K-1 muller sénior e K-1 muller xuvenil, respectivamente. Ademais, tamén se estreou o Campionato Galego de Inverno de Veteranos.

En K-1 Muller Xuvenil a mellor promesa feminina de 2008 Tania Fernández, do Club Fluvial de Lugo, demostrou unha vez máis que o seu nivel está ao alcance de moi poucas. Leticia Piña -segunda no Control-, do Kaiak Tudense, finalizou por detrás da lucense e a súa compañeira de equipo Diana Fritiría completou o podio.

A olímpica Teresa Portela, do Mar Ría de Aldán-Irmáns Gandón, non defraudou ao vencer con solvencia e tampouco fallou Perucho en K-1 sénior.

Fonte: La Región

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: