ANUNCIO: Subvencións para adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo.

O pasado 17 de febreiro de 2009, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 33, a Orde do 31 de decembro de 2008, da Consellería de Innovación e Industria, pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións para adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego e se procede á súa convocatoria para o ano 2009. Código de procedemento IN214A.

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería e Innovación e Industria que teñen por finalidade a renovación do comercio retallista galego e a incorporación das novas tecnoloxías da información á xestión dos establecementos comerciais co obxectivo de adaptar as súas estruturas ao seu contorno de maneira máis competitiva.

Serán beneficiarios desta orde, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís e comunidades de bens, legalmente constituídas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan a súa actividade en establecementos comerciais ou no comercio ambulante no territorio galego e que, de ser o caso, os investimentos se realicen en establecementos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso dos comerciantes ambulantes será requisito necesario que estean inscritos no rexistro de comerciantes ambulantes ou que teñan solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
b) Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas que figuran no anexo V desta orde. No caso de que o solicitante estea dado de alta en dúas ou máis epígrafes do IAE, entenderase como actividade principal aquela que comporte a maior facturación e, se isto non fose posible de determinar, atenderase á superficie de venda destinada a cada actividade.
c) Que non superen os dez traballadores.
d) Que os seus locais comerciais non superen os 300 m2 de superficie comercial destinada a exposición e venda ao público. (Quedan excluídos para o cómputo da dita superficie as oficinas, almacén, salas de refrixeración, talleres e outros locais dedicados á elaboración ou manipulación de produtos, aulas, aseos, etc…), salvo no caso dos vendedores ambulantes.

Os solicitantes non poderán estar incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Os beneficiarios desta mesma orde nas súas convocatorias do ano 2007 e 2008 non poderán ser novamente beneficiarios para os mesmos conceptos xa subvencionados, salvo que se trate de investimentos que sexan destinados a un establecemento comercial de nova apertura.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 18 de marzo de 2009.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: