ANUNCIO: Subvencións para a modernización de comercios.

O pasado 16 de febreiro de 2009, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 42, a Orde do 31 de decembro de 2008, da Consellería de Innovación e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego e se procede á súa convocatoria para o ano 2009. (IN-218A).

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería e Innovación e Industria destinadas a promover e incentivar a modernización e a implantación de comercios situados en zonas rurais de Galicia.

Serán beneficiarios desta orde, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís e comunidades de bens, legalmente constituídas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan ou inicien a súa actividade en establecementos comerciais situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo VI desta orde.
c) Que non superen os dez traballadores.
d) Que os locais comerciais non superen os 300 m2 de superficie comercial destinada á exposición e venda ao público. (Quedan excluídos para o cómputo desta superficie as oficinas, trastendas, almacéns e salas de refrixeración, talleres e outros locais dedicados á elaboración ou manipulación de produtos, aulas, aseos, etc.).

Os solicitantes non poderán estar incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 18 de marzo de 2009.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: