Open das Nacións 2009: Suecia a máis madrugadora xa está en Castrelo de Miño

A expedición compona 50 persoas entre deportistas e técnicos e a súa base é o Equipo Nacional Olímpico de Suecia e a Universidade de Estocolmo.

O entrenador sueco confirma a concentración da selección nas nosas augas en 2010 e 2011.

suecia

Organizado polo Club Náutico Castrelo de Miño, o Real Club Náutico de Vigo e Agan celébrase nos días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo o Open das Nacións-Descenso do Ribeiro que cos grandes premios Estrela Galicia (outtriger a 8 máis temoneiro masculino) e Caixanova (scull 4 feminino) en xogo, reunirá a medio centenar de botes de toda Europa, o que converten á cita ourensá nunha das máis importantes do Continente esta tempada.

Os equipos máis madrugadores foron os representantes de Suecia que en total porá en liña de saída a dous oitos e tres catros. A ampla expedición nórdica que está composta por membros do Equipo Nacional Olímpico de Suecia e da Universidade de Estocolmo xa se atopa no encoro de Castrelo de Miño adestrando. Á fronte do grupo Bernt Spielberger que onte tarde nos confirmaba: Quedei sorprendido da beleza e limpeza da contorna e a calidade da súa pista. Pódolle dicir que nesta tempada xa temos previsto ir adestrar á República Checa e a Austria, e todo está loxicamente contratado,…, pero no 2010 e 2011 viremos durante longos períodos de tempo a Castrelo de Miño, pois teñen vostedes un marco incomparable. é máis lle podo confirmar que estamos a meditar en deixar os barcos en Ourense xa para a próxima tempada. Quedámonos gratamente sorprendidos. Galicia é fantástica.

Unha das bazas do seleccionado sueco, é o scull 4 feminino que dirixe Karin Högberg e que ten o seu punto de mira posto na clasificación para Londres 2012. Conta con deportistas entre as mellores do mundo, caso de Emma Fredh e Cecilia Lilja. As outras dúas tripulacións femininas, compona deportistas que están a ser observadas para o seu posible acceso á selección absoluta de Suecia. Os dous outtriger a 8 máis temoneiro están a iniciar a súa preparación cara á próxima cita olímpica, e veñen patrocinados a Galicia polo Strömstad Rowing High School, que é unha escola universitaria na que a máis diso a formación deportiva os remeiros poden cursar estudos superiores. Ambiente pois ao grande no Open das Nacións, o evento deportivo máis importante da tempada na provincia de Ourense, que será presentado oficialmente na Deputación de Ourense este venres e o vindeiro martes no Real Club Náutico de Vigo, en ambos os casos ás doce da mañá.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: