O programa europeo NEA2 larga amarras en Castrelo de Miño.

Reuníronse en Castrelo de Miño, na sede da Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN) sita nas instalacións municipais do Complexo de Turismo Náutico, os socios galegos e o xefe de filas de Bretaña.

nea-2-castrelo-de-minho

Once rexións atlánticas de cinco estados [Francia ( Bretaña, Paises de Loira, Baixa Normandía), o Reino Unido (Irlanda do Norte, Devon, Cornouailles), Irlanda (Midwest), Galicia, Andalucía, Portugal (Norte, Central)] traballarán xuntas sobre o desenvolvemento económico, social e medioambiental do sector náutico. Bretaña controla este programa, financiado principalmente pola Unión Europea.

Lanzado hai cinco anos, o programa “NEA” (Nautismo Espazo Atlántico, 2004-2007) asentou as bases dunha colaboración interrexional (sete rexións) destinada a coordinar o turismo náutico a escala do Espacio Atlántico. A operación funcionou tan ben que suscitou o interese de cinco novos territorios, polo que se decidiu prorrogarla con novas ambicións. Aprobado a finais de 2008, NEA2 iniciou oficialmente a súa labor o 22 e 23 de xaneiro de 2009 en Rennes (Bretaña, Francia), sede de Région Bretagne, o xefe de fila deste proxecto europeo.
Máis aló da acción turística, o programa “Nea 2” (2009-2011) interésarase pola práctica, pola industria, e polas infraestructuras. Estará articulada segundo os 3 piares do desenvolvemento sostible, a economía do sector (26.000 empregos nos territorios), a cohesión social e o medio ambiente.
Trátase de favorecer o nautismo para tod@s a través de produtos turísticos adaptados e actividades destinadas ao público local ; trátase tamén de fomentar as prácticas “suaves”, de acompañar á innovación das empresas industriais, de fomentar nos portos o compromiso co desenvolvemento sostible (limpeza, marinas secas, servizos e equipamentos). Tentarase organizar eventos festivos e deportivos así como citas tales como o salón europeo da econavegación ou a conferencia sobre o desenvolvemento sostenible do sector.
Este programa de tres anos, e comezou oficialmente o 22 de xaneiro, está dotado cun orzamento de 4,7 millions de euros, incluídos 3,1 millions aportados por Europa (FEDER) e 1,6 millions polos socios.

A PARTICIPACIÓN GALEGA NO PROGRAMA NEA 2
Galicia é a rexión máis representada do programa, con 6 dos 24 socios: A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, Portos de Galicia, Deputación da Coruña, Deputación de Pontevedra, Concello de Cambados e a Asociación Galega de Actividades Náuticas, con sede en Castrelo de Miño.
A participación galega será clave no programa, por ser unha das máis representativas do conxunto de accións do Plan de desenvolvemento sostible NEA2:
•Nautismo e Economía,
•Nautismo e Medioambiente,
•Nautismo e Cohesión Social
A Bretaña francesa como xefe de fila
No seu papel de piloto, Bretaña será a encargada de coordinar a animación, de velar polo respecto dos compromisos do programa e as recomendacións europeas, así como de garantir a xestión administrativa e financieira. Os Bretones tamén son os encargados da coordinación técnica.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: