a Deputación Provincial de Ourense, a través dun convenio asinado coa Fundación Seur, leva a cabo o proxecto “EDUCAMÓBIL”, que consiste en ofrecerlles ós nenos e nenas da provincia, de entre 4 e 11 anos, unha alternativa ó seu tempo de lecer.
As actividades desenvólvense dentro dun vehículo equipado con ordenadores, música e xogos e está atendido por persoal cualificado.
O autobús estará estacionado no aparcamento do Complexo de Turismo Náutico o día 13 de marzo de 16.30 a 20.00 horas.
Advertisements
Deixar unha resposta