Castrelo de Miño exporta modelos de propiedade de terras a Europa

bouzas-fao

As formas de propiedade novas de Galicia, como o “Banco de Terras de Galicia” (Bantegal), os “polígonos agrarios” e as Unidades de Xestión Forestal (Uxfor) serán estudadas, durante tres días, por 46 representantes políticos e universitarios de países do este europeo non comunitarios.

Así o explicou hoxe a Efe o portavoz da Organización de Alimentación e Agricultura das Nacións Unidas (FAO) Richard Eberling durante a visita a un “polígono agrario” en Bouzas (Castrelo de Miño) de 46 representantes de grupos universitarios e de ministerios de Albania, Armenia, Bosnia Herzegovina, Serbia, Croacia, Xeorxia, Kósovo, Suecia e Holanda, entre outros.

En Castrelo de Miño, visitaron 30 hectáreas de terreo que eran de 80 propietarios e agora son un “polígono agrario” de 58 socios e propietarios, que empezarán en abril a plantar viñedo e terán en gastos e beneficios a parte correspondente á porcentaxe de propiedade que tiñan ao asociarse.

Eberling explicou, en castelán, que os países que antes estaban baixo a órbita soviética tiveron que afrontar o problema da distribución das terras, xa que os seus rexistros, que eran de antes da Segunda Guerra Mundial, desapareceran, como en Polonia.

“Tras a caída do muro de Berlín, os que puideron certificar a súa antiga propiedade reclamárona e recuperárona, pero o resto das parcelas estatais precisaron dunha reforma agraria e, nalgúns lugares, repartíronse en extensións fixas para cada familia”.

bouzasfao2

Esa repartición “igualitaria”, que terminou no ano 2000, orixinou, segundo Eberling, un problema debido á fragmentación dos terreos de cultivo e ao abandono de moitos deles, sobre todo en zonas rurais marxinadas, onde se rexistrou unha gran emigración ás cidades.

A FAO convidou a representantes da universidade de Santiago de Compostela e da Consellería de Medio Rural ao seminario anual, que se celebrou en Praga en xuño do 2008 e, segundo Eberling, deron a coñecer en Europa a experiencia galega, “que partiu dunha situación semellante á que viven estes países que chamamos de transición, porque non están na Unión Europea pero si en Europa”.

Como primeira solución para estes países, segundo Eberling, as institucións comezaron unha concentración parcelaria voluntaria, formas de “banco de terras” nas que hai un fondo económico para comprar terras “pero con inconvenientes, como a falta de recursos ou a facilidade para a especulación”, agregou.

Nese sentido, explicou que o Bantegal é “orixinal e innovador” e evita moitos dos problemas que descubrimos noutras fórmulas”.

Outros problemas no leste de Europa debéronse ao forte arraigamento á terra dos actuais propietarios, debido a que acaban de recibila e a que foi a súa garantía de supervivencia durante toda a década crítica dos 90, segundo Eberling.

Pola súa banda, o director xeral de Infraestruturas Agrarias, Xosé Carballido Presas, explicou que o seminario, que durará tres días, é o primeiro celebrado fóra de Praga “e que todos os participantes levarán aos seus países de orixe a experiencia directa do que nós lles explicamos no ano 2008”, agregou.

“Será interesante sobre todo para os representantes de Armenia, Lituania, Serbia, Bosnia e Albania onde a FAO comezará en breve novas actuacións neste ámbito”, agregou.

En Castrelo de Miño, visitaron 30 hectáreas de terreo que eran de 80 propietarios e agora son un “polígono agrario” de 58 socios e propietarios, que empezarán en abril a plantar viñedo e terán en gastos e beneficios a parte correspondente á porcentaxe de propiedade que tiñan ao asociarse, segundo explicou a Efe o presidente da Sociedade “Solaina Minei” Xaime Méndez

Fontes: EFE e La Región

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: