Axudas por danos provocados nos establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís e nas infraestruturas enerxéticas e turísticas de titularidade municipal producidas polo temporal para reparación dos danos.

O pasado 3 de febreiro de 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 23, a Orde do 2 de febreiro de 2009, da Consellería de Innovación e Industria, que regula a concesión de axudas por danos causados nos establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís e nas infraestruturas enerxéticas e turísticas de titularidade municipal, pola que se desenvolve o Decreto 13/2009, do 29 de xaneiro, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro.

Esta orde ten por obxecto convocar axudas para reparar os danos que como consecuencia do temporal acaecido en Galicia a partir do día 23 de xaneiro de 2009 se ocasionaron en:

        1.- Establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís incluídos no ámbito competencial da Consellería de Innovación e Industria. Quedan excluídas as actividades de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

        2.- Infraestruturas enerxéticas e turísticas de titularidade municipal. Quedan excluídas as infraestruturas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica

Serán beneficiarios desta orde os titulares de establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís incluídos no ámbito competencial desta consellería nos que se producisen danos. Para estes efectos consideraranse os danos causados nas súas edificacións, instalacións, maquinaria, e nas mercadorías neles depositadas, así como nos vehículos comerciais ou industriais afectos a estas actividades.

A contía da axuda será de ata o custo da reparación ou reposición dos danos ocasionado nas edificacións, instalacións, maquinaria e nas mercadorías neles depositadas, así como nos vehículos comerciais ou industriais afectos á actividade comercial, industrial, mercantil ou turística

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 3 de marzo de 2009.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: