Axudas para as explotacións agrícolas e gandeiras para reparación dos danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro.

O pasado 3 de febreiro de 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 23, a Orde do 2 de febreiro de 2009, da Consellería do Medio Rural, pola que se convocan axudas para as explotacións agrícolas e gandeiras ao abeiro do Decreto 13/2009, do 29 de xaneiro, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro.

Esta orde ten por obxecto regular as axudas para a reparación dos danos e perdas causados en explotacións agrícolas e gandeiras, tanto nas instalación e edificacións propias da actividade como nas producións afectadas, que non fosen cubertas polas medidas que puidesen adoptar outras administracións ou por calquera fórmula de aseguramento, público ou privado.

Serán beneficiarios desta orde:
        1.- As persoas que teñan a condición de agricultor/a profesional, entendido como a persoa física titular dunha explotación agrícola, gandeira ou forestal, que requira un volume de emprego de, polo menos, unha unidade de traballo anual e que obteña, polo menos, o 25% da súa renda de actividades agrarias.

        2.- Poderán selo, así mesmo, as persoas, físicas ou xurídicas, titulares destas explotacións que, non reunindo as características de agricultor profesional, empreguen, polo menos, media unidade de traballo anual

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 3 de marzo de 2009.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: