Axudas destinadas a sufragar os danos persoais, previstos no Decreto 13/2009, do 29 de xaneiro de medidas urxentes para reparación de dano causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro.

O pasado 3 de febreiro de 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 23, a Orde do 2 de febreiro de 2009, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan a concesión de axudas e subvencións por danos persoais, previstas no Decreto 13/2009, do 29 de xaneiro, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria dun procedemento de concesión de axudas relativas aos seguintes danos persoais causados polo temporal:

        1.- Falecemento.

        2.- Incapacidade absoluta permanente.

        3.- Lesións que causen a hospitalización da persoa ferida.

Serán beneficiarios desta orde as persoas afectadas pola incapacidade absoluta permanente ou lesións que causaren a hospitalización cando o feito causante teña a súa orixe nos acontecementos do temporal, no caso de morte os beneficiarios serán as vítimas indirectas que reúnan calquera dos requisitos recollidos nesta orde.

As axudas concederanse de acordo cos seguintes criterios:

        1.- 18.000 euros para o caso de falecemento ou incapacidade permanente absoluta.

        2.- Entre 60 e 103 euros por día no caso das lesións que requiriron período de hospitalización, os gastos de asistencia médica e hospitalización, así como outros gastos persoais que se acrediten.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 3 de marzo de 2009.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: