Axudas destinadas a sufragar os danos causados en vivendas e instalacións complementarias polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro.

O pasado 3 de febreiro de 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 23, a Orde do 2 de febreiro de 2009, da Consellería de Vivenda e Solo, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan a concesión de axudas destinadas a sufragar os danos causados en vivendas e instalacións complementarias polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria dun procedemento de concesión de axudas en concorrencia non competitiva para sufragar os gastos , en vivendas es instalacións complementarias, causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do día 23 de xaneiro.

Serán beneficiarios desta orde as persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias das vivendas que sufrisen danos relacionados co temporal acaecido e que, cumprindo os requisitos establecidos nesta convocatoria, teñan que sufragar os gastos necesarios de reparación, ou de reposición no caso de que a persoa propietaria acredite a perda irrecuperable dalgún ben, de acordo co procedemento regulado nesta orde.

As actuación obxecto de subvención serán:

         1.- Danos causados na vivenda habitual: ata o 100% do valor de reparación ou reposición do dano causado.

         2.- Danos causados no resto das vivendas: ata o 40% do valor de reparación ou reposición do dano causado.

        3.- Instalacións complementarias (pozos, hórreos, alpendres, invernadoiros para o consumo, instalacións eléctricas para autoconsumo, instalacións de telecomunicacións, etc sempre e cando estean situadas no mesmo predio que a vivenda) e construción ou instalación complementarias (cerramento preexistente de peche do predio no que se atopa a vivenda): 100% do valor da reparación ou reposición no caso de estar asociada á vivenda principal e do 40% no caso de estar asociada á vivenda ocasional, cun máximo en todo caso de 3.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 3 de marzo de 2009.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: