O Conselleiro de Medio Rural visita as obras do Polígono Agrario de Asociación das Bouzas

xurxo_med_20090130_suarezcanalenbouzas_02

A Consellaría do Medio Rural investiu un total de 24.704.635 euros ao longo da lexislatura na valorización e dinamización dos dez concellos da comarca do Ribeiro. Este dato foi feito público polo conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, durante a súa visita ás obras de explanamento do Polígono Agrario de Asociación As Bouzas, en Castrelo de Miño, que contará cun investimento final de 1.471.872 euros, e que a través da reagrupación de parcelas e reestruturación comunitaria da terra permitirá a concentración e incremento de superficie dedicada á produción vitícola.

O proxecto que se está levando a cabo en As Bouzas habilitará a concentración de 540 parcelas, pertencentes a 60 propietarios nunha única finca de 30 hectáreas para a súa explotación conxunta, para o se que contemplan actuacións en redes de camiños, asocalcamento do terreo de cultivo e reestruturación do viñedo. “Unha actuación que permite superar a fragmentación histórica da superficie produtiva e as limitacións que isto supón, avanzando cara un mellor aproveitamento da terra, cunha ordenación racional encamiñada a facilitar a carga de traballo dos viticultores e asegurando a viabilidade e rendibilidade das súas producións”, explicou o conselleiro.

Suárez Canal aproveitou a súa visita ao Ribeiro para adiantar que, tras asinar onte a nova orde de axudas á reconversión do viñedo, sairá publicada no DOG o vindeiro mércores 4 de febreiro, e que nesta convocatoria están recollidos vantaxosos parámetros como a inclusión de fincas a partir de 100m² (antes era a partir de 1.000m²) e o incremento dos módulos de axuda entre un 15% e un 30%, o que no Ribeiro podería supoñer unha axuda aproximada de 20.000 euros por hectárea. Tamén informou de que vén de ser aprobado o Decreto que crea a reserva galega de dereitos de plantación que, permitirá o reparto de dereitos non utilizados polos seus titulares nos prazos establecidos e os xerados nas superficies de viñedo abandonadas. Tamén anunciou que desde o presente exercicio e ata o 2011, a Xunta de Galiza vai dispoñer de 1,6 millóns de euros adicionais ligados ao desenvolvemento de rutas gastronómicas, turísticas e vitivinícolas. O conselleiro asegurou que se trata “dunha serie de medidas que permitirán seguir avanzando no camiño da forte aposta que este departamento sempre fixo por impulsar e poñer en valor o potencial agrario, fundamentalmente ligado á produción de viño de calidade, de cara a acadar un aproveitamento integral de todo o que supón o Ribeiro, tanto a nivel económico, como desde a perspectiva social e cultural que conleva”.

Neste sentido lembrou que o Plan de Impulso do Ribeiro, posto en marcha hai un ano, conta xa cunha alta porcentaxe de execución, destacando o programa de infraestruturas realizado nun 80% e a reforma de estruturas, exemplificado na actuación que se está a levar a cabo no polígono de As Bouzas. Neste paquete de medidas, tamén destacou o primeiro ano de reconversión varietal mediante inxerta, coa que se continuará neste ano 2009, para o que xa se está facendo unha campaña de difusión para informar a todos os viticultores interesados en acollerse a esta iniciativa, que poden presentar as súas solicitudes durante o mes de febreiro na Oficina Agraria Comarcal para comezar os traballos a principios de marzo. Salientou, así mesmo, o importante investimento realizado durante o ano 2008 en promoción da propia D.O. Ribeiro, para o que se destinou un importe de 500.000 euros, tendo previsto investir unha cantidade similar durante o presente ano, cumprindo así o establecido no plan de impulso.

Dos investimentos totais realizados pola Consellaría do Medio Rural na comarca do Ribeiro, destacan os de 7.398.000 euros destinados a infraestuturas rurais e concentracións parcelarias, 4.587.000 euros en axudas para creación ou mellora de 41 industrias agroalimentarias nesta zona, 1.244.000 euros destinados a 42 plans de mellora e 526.000 euros en actuacións incluídas en 18 proxectos dinamizadores.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: