Continúan a bo ritmo as obras de rehabilitación do núcleo de Santa María.

dsc045581

A Consellería de Vivenda e Solo  inviste 150.000 euros nas obras de mellora e acondicionamento do Núcleo de Santa María no Concello de Castrelo de Miño. O investimento total previsto para esta actuación ascende a 187.500 euros, dos que 80% é aportado pola Consellería e o 20% restante polo Concello segundo se recolle no convenio asinado entre a Conselleira e o Alcalde.
O obxectivo desta actuación en materia de recuperación de espazos públicos consiste na mellora dos valores ambientais e urbanos no entorno do Núcleo de Santa María. Este núcleo está composto por unha serie de vivendas unifamiliares organizadas en dúas rúas principais que articulan lonxitudinalmente o núcleo e comunican coa igrexa.

Continúa: máis información e fotografías.


dsc045453
As obras de reurbanización e mellora do ámbito consisten na demolición dos diferentes pavimentos existentes, substituíndoos por outros de aspecto pétreo que se integren no núcleo. Tamén se están a mellorar os espazos inmediatos ao cruceiro de pedra ubicado no centro do núcleo e a escaleira que dá acceso á igrexa. Tamén se están a acondicionar outros elementos tradicionais como as escaleiras de acceso ás vivendas.

dsc045521
Ademais, as obras contempladas no convenio de colaboración prevén a canalización do tendido eléctrico e a instalación de novo alumeado público.

dsc045541
Esta actuación enmárcase nunha das liñas de actuación da Consellería de Vivenda e Solo que consiste no fomento da rehabilitación, recuperación e renovación dos centros históricos, dos tecidos urbanos degradados, das áreas de rehabilitación, do medio rural e das vivendas e edificacións destes ámbitos, mediante todo tipo de axudas e a sinatura de convenios de colaboración con outros organismos ou entidades.

dsc045631

santa-maria-alfredo-11

santa-maria-alfredo-31

santa-maria-alfredo-21

dsc045641

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: