ANUNCIO: Axudas para a prevención e defensa contra incendios forestais en montes veciñais en man común (MR651A).

O pasado 16 de decembro de 2008 publicouse  no Diario Oficial de Galicia nº 243, a Orde do 10 de decembro de 2008, da Consellería do Medio Rural, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común e se convocan para o ano 2009.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas recollidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2009, en réxime de concorrencia competitiva.

De acordo co devandito obxecto, establécense dúas liñas de actuación:
a) Liña I: Subvención para a xestión da biomasa nos montes veciñais en man común así como nas de vías e camiños forestais incluído neles.
b) Lina II: Subvención para a construción de puntos de auga nos montes veciñais en man común.

Beneficiarios: os titulares de montes veciñais en man común así como as súas agrupacións e mancomunidades.

Requisitos:
1. A superficie forestal mínima por expediente será de 250 ha, para acadar a superficie, as CMVMC poderán formar unha agrupación, as cales terá que ser estremeira ou pertencer a un mesmo distrito forestal e sempre localizarse nunha mesma provincia.
2. Excepcionalmente, no caso de que a CMVMC, mancomunidade ou algunhas das CMVMC que integren a agrupación estivera localizada nalgún espazo declarado como zona de especial protección do valores naturais, a superficie mínima sería de 100 ha.

Documentación:
•Subvencións para a xestión da biomasa nos montes veciñais en man común así como nas de vías e camiños forestais incluídos nestes (Liña I).
a) Solicitude segundo o anexo I. O solicitante deberá ser a CMVMC, a través do seu representante legal (presidente da CMVMC).
b) Valoración económica das actuacións solicitadas segundo anexo II.
c) Fotocopia do CIF da CMVMC (en caso de agrupación, de todas as comunidades que a integran) ou mancomunidade; e o DNI do representante legal.
d) Certificación bancaria da CMVMC ou mancomunidade titular do terreo. No caso de agrupacións deberán ser titulares conxuntas todas as CMVMC que formen parte da agrupación. Nas agrupacións permitirase a sinatura mancomunada ou solidaria da conta bancaria.
e) Certificado tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante a pedir subvencións á Consellería do Medio Rural, para a execución das accións obxecto da solicitude.
f) Datos dos montes obxecto da subvención, segundo o anexo V.
g) Para as agrupacións: acordo dos titulares dos terreos forestais para a designación dun solicitante-representante para os efectos de tramitación da subvención, segundo o anexo VI.
h) Declaración das subvencións solicitadas, tanto as aprobadas como as pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes destas, ou o anexo VII debidamente asinado. No caso de agrupacións, cada CMVMC que a integre, deberá presentar unha declaración de subvencións.
i) Dúas copias do documento descritivo das actuacións.

•Subvencións para a construción de puntos de auga nos montes veciñais en man común. (Liña II).
a) Solicitude segundo o anexo III. O solicitante deberá ser a CMVMC, a través do seu representante legal (presidente da CMVMC).
b) Valoración económica das actuacións solicitadas segundo anexo IV.
c) Fotocopia do CIF da CMVMC (en caso de agrupación, de todas as comunidades que a integran) ou mancomunidade; e o DNI do representante legal.
d) Certificación bancaria da CMVMC ou mancomunidade titular do terreo. No caso de agrupacións, deberán ser titulares conxuntas todos as CMVMC que formen parte da agrupación. Nas agrupacións permítese a sinatura mancomunada ou solidaria da conta bancaria.
e) Certificado tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante a pedir subvencións á Consellería do Medio Rural, para a execución das accións obxecto da solicitude.
f) Datos dos montes obxecto da subvención, segundo o anexo V.
g) Para as agrupacións: acordo dos titulares dos terreos forestais para a designación dun solicitante-representante para os efectos de tramitación da subvención, segundo o anexo VI.
h) Declaración das subvencións solicitadas, tanto as aprobadas como as pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes destas, ou o anexo VII debidamente asinado. No caso de agrupacións, cada CMVMC que a integre, deberá presentar unha declaración de subvencións.
i) Dúas copias do documento descritivo das actuacións.
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 31 de xanerio de 2009

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: