Axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios para o exercicio orzamentario de 2009.

O pasado 10 de decembro de 2008, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 239, a Orde do 4 de decembro de 2008, da Consellería do Medio Rural, pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios para o período 2007-2013 e se convocan para o exercicio orzamentario de 2009.

Esta orde ten por obxecto a concesión de axudas para establecer as bases das axudas da consellería do Medio Rural para os investimentos en mellora das condicións de transformación e comercialización dos produtos agrarios para o período 2007-2013 e convocar as do ano 2009.

Considéranse subvencionables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea excepto os produtos forestais e da pesca.

Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/oucomercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do Tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do Tratado).

Serán beneficiarios desta orde as persoas físicas ou xurídicas, que teñan unha actividade económica, sexan titulares das instalacións obxecto de axuda, e sobre as que recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren subvencionables.

Os beneficiarios estarán incluídos nalgunha das seguintes categorías de empresa:

–    Microempresa, pequena empresa, mediana empresa (Pemes) ou empresa intermedia.
–    Empresas intermedias, sendo estas as empresas non Pemes que teñan menos de 750 empregados ou un volume de negocios inferior a 200 millóns de euros.
–    Grandes empresas, que son as empresa non Pemes que superan o número de empregados e o volume de negocios exixido ás empresas intermedias.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 31 de xaneiro de 2008.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: