Axudas a empresas para a promoción e mellora da comercialización dos produtos agrarios e agroalimentarios galegos.

O pasado 12 de decembro de 2009, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 241, a Orde do 5 de decembro de 2009, da Consellería do Medio Rural, pola que se establecen as bases e se convocan para 2009 as axudas a empresas para a promoción e mellora da comercialización dos produtos agrarios e agroalimentarios galegos.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases das axudas para actuacións de empresas privadas na promoción e mellora da comercialización dos produtos agrarios e agroalimentarios galegos.

As axudas consistirán en subvencións de ata o 60% dos investimentos considerados subvencionables, (o IVE e outros impostos indirectos non serán subvencionables).

Considéranse subvencionables os seguintes tipos de investimentos:
a) Material divulgativo e promocional: Importe máximo subvencionable será de 20.000 €.
b) Participación en feiras e certames comerciais: importe máximo subvencionble será de 60.000 €.
c) Estudos e asistencias técnicas: Importe máximo subvencionable será de 25.000 €
d) Formación: Importe máximo subvencionable será de 10.000 €.
e) Contratación de persoal: Importe máximo subvencionable por traballador contratado será de 30.000 €.

Serán beneficiarios desta orde as empresas agrarias e agroalimentarias, excluídas as do sector forestal e de alimentación animal e que cumpran os seguintes requisitos:
– Que teñan como actividade maioritaria a elaboración e/ou comercialización de produtos agrarios ou agroalimentarios galegos. As materias primas utilizadas pola empresa deben ser agrarias maioritariamente (máis do 50%). Non serán subvencionables as empresas que teñan como actividade maioritaria o comercio por xunto ou polo miúdo nin a distribución, salvo que estean participadas maioritariamente por produtores ou elaboradores de Galicia.
– Que figuren inscritas no Rexistro de Industrias Agrarias ou de Actividades Catalogables cando sexa preceptivo.
– Que teñan o seu domicilio social en Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 31 de xaneiro de 2009.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: