BANDO 44/2008: PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO

O Concello de Castrelo de Miño fai saber no seu BANDO que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar informounos da apertura do prazo para presentanción de solicitudes de praza para o Programa de Termalismo Social do IMSERSO.

 

Os prazos para a presentación de solicitudes son os seguintes:

1. Para os turnos dos meses de febreiro ata agosto, ambos inclusive:

– con prioridade na adxudicación de prazas: ata o 16 de xaneiro de 2009

– para a súa inclusión na lista de espera de prazas: ata o 16 de maio de 2009

 

2. Para os turnos dos meses de setembro a decembro, ambos inclusive:

– con prioridade na adxudicación de prazas: ata o 16 de maio de 2009

– para a súa inclusión na lista de espera de prazas: ata o 31 de outubro de 2009

 

Para os solicitantes do ano pasado o IMSERSO enviaralles ó seu domicilio un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.

 

Para obter máis información ou cursar a solicitude os interesados poden dirixirse ó departamento de servizos sociais do concello, os luns e mércores, ou chamar ó teléfono social da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar 900 333 666 (número gratuíto).

A información sobre o programa e o modelo de solicitude tamén están dispoñibles na páxina www.seg-social.es/imserso.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: