Enrédate! con Radio Ribeiro, información e internet para navegantes curiosos.

enrédateO Concello de Castrelo de Miño, a través da súa dinamizadora da sociedade da información comenza este luns o programa de radio Enrédate! no que  compartiranse coñecementos,  curiosidades, páxinas web de interese para que a xente olle as posibilidades que as novas tecnoloxías poden ofrecerlle na súa vida diaria.

“Imaxina un mundo onde cada persoa do planeta ten acceso libre á suma de todo o coñecemento humano”, dicía Jimmy Wales, fundador da Wikipedia, a enciclopedia libre de internet, Enrédate!, nace desta filosofía, a de espallar o noso coñecementos, experiencia e curiosidades que nas que enredamos día a día dende a aula de dinamización de Castrelo de Miño aberta para todos e todas.

O programa realizarase en directo dende a Aula de Dinamización de Castrelo de Miño todos os luns ás  12:30 do mediodía en Radio Ribeiro, Cadena SER – 96.6 FM.

Enredar: (según a Real Academia Galega)

Dedica-lo tempo a realizar [algo] sen saber cómo se fai ou por se entreter. SIN. fedellar. 6. Facer cousas que serven de diversión e entretemento.

Proximamente tamén poderase escoitar o programa a través da sección de podcast en  castrelo.org

ACTUALIZACIÓN: Xa se pode escoitar o primeiro programa na pestana superior “Multimedia”.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: