Castrelo de Miño será sede dos Xogos Náuticos Intercélticos do Espazo Atlántico que organizará Galicia no ano 2010

Castrelo de Miño consolídase como un centro internacional de referencia para as competicións náuticas.

A zona sur de Galicia -con sedes en Castrelo de Miño, Vigo, Pontevedra, Nigrán, Ribeira e Santiago de Compostela – acollerá esta edición dos xogos. Gales, a outra candidata, organizará os seguintes xogos.
A candidatura de Galicia, foi a elixida en Porto (Portugal) polo Comité Internacional dos Xogos Náuticos Intercélticos e do Espazo Atlántico para organizar os Xogos Náuticos no ano 2010. Gales, a outra candidata, organizará os Xogos do ano 2011.

A proposta galega está baseada na existencia de varias sedes moi ben comunicadas. Desta forma, Vigo, Pontevedra, Nigrán, Castrelo de Miño, Ribeira e Santiago de Compostela serán as sedes dos XVI Xogos Náuticos, nos que terá unha gran importancia no aspecto cultural a celebración do Xacobeo. Asemade, as instalacións deportivas de Verducido e Castrelo de Miño serán protagonistas nas competicións de piragüismo e remo, respectivamente.

Os países participantes son Irlanda, Illa de Man, País de Gales, Cornualles, Escocia, Bretaña, Asturias, Galicia, Portugal e Euskadi. Cada ano, durante o verán, deportistas de todos estes países participan nesta competición, que reúne a varios deportes náuticos como o remo, a vela, o surf, o piragüismo, ou o submarinismo.

Dende o ano 2003, os Xogos foron enriquecidos pola presenza dun Mercado Celta, onde, durante tres ou catro días, expositores dos diferentes países presentan os productos das súas terras ao público.

Castrelo de Miño, tras ser unha das sedes da candidatura da Universiada 2013 de Vigo, coa organización deste novo evento deportivo internacional, sigue a consolidarse como un centro internacional de referencia para as competicións náuticas.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: