O Concello de Castrelo de Miño fai saber no seu BANDO que grazas aos novos equipos instalados no centro de emisión do Coto de Novelle, xa é posible recibir nas casas de Castrelo de Miño que teñan visión directa co Coto de Novelle máis de 16 novas canles de televisión dixital. A televisión dixital terrestre (TDT) representa a televisión do futuro que proximamente substituirá á televisión analóxica convencional. O sinal emítese en formato dixital, recíbese nos fogares a través da antena convencional, e pode verse grazas a un receptor dixital. As vantaxes que ofrece son: a recepción de máis canles de televisión, mellor calidade de imaxe e son. E ademais é gratuíta.
As canles dixitais que comezaron a emitir desde o Coto de Novelle son as seguintes:
Antena 3
Cuatro
Telecinco
La Sexta
Disney Channel
CNN+
40 Latino
Antena Nova
Antena Neox
Telecinco 2
FDF
Hogar 10
Promo
Cincoshop
Ademais desde Meda tamén se reciben:
Televisión de Galicia
TVG2
Proximamente comezarán a recibirse novas canles en Castrelo de Miño, entre elas as de TVE.
Para poder ver os contidos da televisión dixital é necesario dispor dun sintonizador de TDT. Se vostede non dispón del, ou necesita realizar calquera outra adaptación na súa antena, debe consultar cunha empresa instaladora de telecomunicacións.
Filed under: Bandos,Novas Tecnoloxías |
Deixar unha resposta