BANDO 36/2008: MEDIACIÓN FAMILIAR GRATUÍTA

O Concello de Castrelo de Miño fai saber no seu BANDO que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar pon á disposición das parellas en situación de conflito familiar (divorcio, separación, nulidade…) un servizo de mediación familiar gratuíta para axudarlles a resolver de mutuo acordo as consecuencias da separación, nulidade, divorcio ou ruptura da súa relación.

A axuda consiste na cobertura do custo dun proceso de mediación familiar cun máximo de 6 sesións.

As solicitudes de axuda presentaránse mediante instancia segundo o modelo oficial subscritas polas persoas solicitantes xunto coa seguinte documentación:

Focotopia do DNI do solicitante e da súa parella.
Libro de familia (se existe matrimonio) ou declaración xurada de convivencia.
Certificados de empadroamento dos solicitantes.
Declaración xurada de non percibir axudas para igual ou análoga finalidade.
O prazo para a presentación de solicitudes de axuda para a mediación familiar gratuíta remata o 31 de outubro de 2008.

Para máis información poden dirixirse ós servizos sociais do concello (luns e mércores de 9h a 14h).

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: