Hoxe inaugurouse Castrelo.net e a Aula da Rede de Dinamización da Sociedade da Información en Castrelo de Miño

Ao acto acudiron o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, acompañado da a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela e o  delegado provincial da consellería, Xosé Antón Jardón Dacal, e mailo alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez Méndez.

O Aula de  Dinamización da Sociedade da Información de Castrelo de Miño está totalmente equipado para que o persoal dinamizador da Rede de Dinamización poda achegar á poboación as Novas Tecnoloxías. Compoñen o equipamento da aula once computadores, unha impresora a cor, un proxector con pantalla e unha cámara de fotos dixital. En total, o investimento realizado pola Consellería de Innovación e Industria ascendeu a 157,795,88 €, co que se financiou o Centro da Rede de Dinamización e se forneceu a infraestrutura necesaria para dotar de sinal a Rede Inarámica Municipal de banda ancha de acceso a internet, Castrelo.net para todo o conxunto do Concello.

Dende marzo de 2008 a Rede de Dinamización vén levando a cabo no Concello de Castrelo de Miño unha serie de actividades, como obradoiros, charlas, adaptándose ás necesidades dos colectivos sociais para lograr un achegamento nas Novas Tecnoloxías daqueles máis desfavorecidos. En concreto organizáronse un total de 30 obradoiros, e rexistranronse máis de 140 usuarios. Estes obradoiros foron de índole tecnolóxica variada, aínda que os máis demandados foron os referidos á iniciación á Internet, á informática e ao procesador de textos con software libre.

Advertisements

Unha resposta

  1. Que ben! Que envexa a verdade! Xa podían facer algo similar no concello de Fisterra, pero claro, xa a meirande parte da xente sabe, que en fisterra o seu goberno, aposta pola politica do ladrillazo!

    Noraboa aos veciños de Castrelo e felicitacións os alumnos desa aula, porque aprenderdes un monton de cousas, que a min todavia me quedan lonxe!

    un saúdo a dinamizadora!

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: