Subvencións a asociacións con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico.

O pasado 5 de xuño 2008, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 108, Orde do 26 de maio de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a asociacións con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008. (IN982V).

Esta orde ten por obxecto a subvencións destinadas á apoio a asociacións para a realización de investimentos relacionados coa promoción e difusión de festas, romarías, exposicións, festivais, certames e outros eventos de interese turístico ou manifestacións populares de semellante carácter que se celebren en Galicia no ano 2008.

Serán beneficiarios desta orde as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, incluídas as comisións de festas legalmente constituídas, da Comunidade Autónoma de Galicia que pretendan a celebración de festas populares e outros eventos ou actuacións de carácter similar de interese turístico incluídas no obxecto desta convocatoria que se celebren durante o ano 2008.
Serán requisitos necesarios para poder optar á solicitude de axuda:
a) Que se trate de celebracións de eventos que xiren en todo caso ao redor de manifestacións de interese cultural, lúdico, folclórico, artístico, relixioso, gastronómico, deportivo ou ambiental.

b) Que se trate de actuacións que acentúen a valoración das tradicións populares e posúan unha especial importancia como atractivo turístico cara ao pulo económico da comarca.

Serán actuacións subvencionables a realización dos investimentos necesarios para a organización, desenvolvemento e promoción das celebracións dos eventos.

A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 6.000 euros, que en ningún caso poderá exceder do 75% do investimento que se vaia desenvolver.

A documentación a presentar para solicitar dita axuda será:

  • Solicitude.
  • Copia cotexada do DNI da persoa física que asina a solicitude e certificación orixinal que acredite poder suficiente para actuar en nome da entidade solicitante.
  • Copia cotexada do CIF da entidade solicitante.
  • Certificación orixinal subscrita pola/o secretaria/o co visto e prace da/o presidenta/e da entidade, ou órganos similares, sobre a adopción do acordo de constituírse en entidade organizativa do evento segundo establezan os estatutos da entidade, na que conste o número asignado no Rexistro de Asociacións.
  • Memoria explicativa da actividade a que se vaia desenvolver con expresión do prazo de execución e estimación da afluencia de visitantes en edicións anteriores. Indicarase o número de edicións celebradas, que se acreditará mediante documentación gráfica (programas, carteis, etc.).
  • Orzamento detallado dos investimentos que se vaian realizar no que conste cada tipo de gasto e o seu custo concreto con desagregación de impostos.
  • Declaración de conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para a actividade obxecto desta orde polas distintas administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados nacionais ou internacionais.
  • Declaración expresa de compromiso de utilización da lingua galega.
  • Declaración expresa de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Anexo III: modelo de aceptación.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de outubro de 2008.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: