Subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia.

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DINAMIZADRES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA.

O pasado 2 de xullo de 2008, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 127, a Resolución do 18 de xullo de 2008, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, pola que se anuncia a convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia correspondentes ao período 2008-2009.

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras das subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia 2008-2013. E dado que a promoción do desenvolvemento rural galego desde unha perspectiva integral, prevese o apoio a actuacións de diferentes natureza:

Actuacións subvencionabas:
I. Diversificación cara a actividades non agrarias:
– Transformación e comercialización de produtos agrarios ou especialidades locais na propia explotación, con especial atención aos produtos amparados en denominacións de calidade, sempre que os produtos incluídos no anexo I do Tratado CE teñan carácter secundario no conxunto do proxecto subvencionado.
– Elaboración e venda na explotación de produtos de artesanía.
– Actividades de segunda transformación de produtos forestais madeireiros.
– Agroturismo: acondicionamento e mellora das instalacións da explotación agraria para a súa utilización como aloxamento de capacidade reducida (máximo de 20 prazas); servizos turísticos complementarios, como restauración, instalacións recreativas ou actividades complementarias (rutas turísticas, degustacións gastronómicas, etc.).
– Actividades culturais, de lecer, didácticas ou ambientais asociadas á valorización do patrimonio natural e cultural e aos ecosistemas agrarios e forestais da zona.
– Actividades de subministración de insumos e servizos a empresas, especialmente os dirixidos a explotacións agrarias e forestais e a industrias agroalimentarias e forestais.
– Servizos á poboación, tales como servizos de atención á infancia, asistencia a persoas de idade e discapacitados, servizos educativos e relacionados co desenvolvemento das TIC.
– Investimentos no sector de enerxías renovables.

II. Creación e desenvolvemento de microempresas:
– Creación, modernización, ampliación e/ou traslado de pequenas unidades de produción no medio rural, nos seguintes ámbitos:
– Transformación e comercialización de produtos agrarios e alimentarios.
– Industrias de segunda transformación de produtos forestais madeireiros.
– Outras industrias manufactureiras.
– Artesanía.
– Investimentos no sector de enerxías renovables.
– Hostalaría e comercio polo miúdo, só no caso de que valoricen produtos locais.
– Servizos a empresas e á poboación.
– Actividades turísticas, deportivas ou recreativas.
– Nos proxectos de creación de microempresas é requisito necesario a xeración de emprego, como mínimo, equivalente a 0,25 empregos anuais

III. Fomento de actividades turísticas:
Liña a) desenvolvemento de novos produtos e servizos turísticos no medio rural.
– Creación e desenvolvemento de produtos turísticos innovadores e diferenciados, especialmente as actuacións de xestión conxunta de servizos turísticos e as dirixidas ao desenvolvemento de produtos que integren unha oferta combinada de diversos servizos turísticos, tales como deseño e posta en marcha de rutas agroalimentarias e outras rutas turísticas, creación de paquetes turísticos, etc.
– Accións de promoción e comercialización de produtos e servizos turísticos que aproveiten as vantaxes das TIC.
Liña b) posta en valor e uso turístico do patrimonio natural e cultural do medio rural.
– Infraestruturas turísticas de pequena escala dirixidas á información, atención, e recepción dos visitantes.
– Recuperación do uso bebible de augas minero-mediciñais.
– Rutas de sendeirismo.
– Adecuación, acondicionamento e/ou equipamento de espazos naturais con fins recreativos ou turísticos.

IV. Servizos básicos para a economía e a poboación rural:
a) Servizos de benestar social. Serán obxecto de axuda unicamente as seguintes actuacións:
– Centros de atención a persoas con discapacidade.
– Centros de inclusión e emerxencia social.
– Centros de integración, inserción ou inclusión sociolaboral para persoas con discapacidade.
– Centros de día, vivendas comunitarias e pisos tutelados para persoas maiores non dependentes.
b) Desenvolvemento das TIC no medio rural:
– Telecentros fixos ou móbiles, sempre que teñan programa de actividades asociado.
Equipamentos en TIC para asociacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro, sempre que vaian asociados a un programa de actividades a desenvolver.
– Servizos de teleasistencia.
c) Posta en marcha de fórmulas innovadoras de servizos de transporte de viaxeiros, que melloren a mobilidade dos habitantes das áreas rurais.
d) Investimentos, incluídos os estudos e proxectos técnicos previos, relacionados co deseño e posta en marcha, por parte de entidades públicas locais, de servizos mancomunados de ámbito supramunicipal.
e) Rehabilitación, acondicionamento e equipamento de locais sociais por entidades privadas sen ánimo de lucro.
f) Ludotecas.
g) Creación e desenvolvemento de centros de servizos, outras infraestruturas para redes de cooperación e servizos entre empresas, en especial os que fomenten a redución da fenda dixital e a implantación de novas tecnoloxías no medio rural.

V. Conservación e mellora do patrimonio rural:
a) Mantemento e recuperación de sistemas pastorís en montes veciñais en man común. Serán subvencionables exclusivamente chousumes, bebedoiros, comedoiros, balsas, pasos canadianos, mangas de manexo, implantación de pasteiros e instalacións solares para pastores eléctricos.
b) Investimentos relacionados coa restauración, mellora e posta en valor do patrimonio natural.
c) Investimentos relativos á restauración, mellora e posta en valor do patrimonio etnográfico e cultural, tales como museos, accións de posta en valor de recursos arqueolóxicos, recuperación de construcións de interese arquitectónico, etnográfico ou cultural.

Serán beneficiarios desta orde, segundo o tipo de medida:
I.- Diversificación cara a actividades non agrarias:
Os beneficiarios da axuda serán os membros dunha unidade familiar ligada a unha explotación agraria, entendendo como tales as persoas físicas ou xurídicas, ou grupo de persoas físicas ou xurídicas, que realicen actividades agrarias nunha explotación no momento de solicitar a axuda.
II.- Creación e desenvolvemento de microempresas:
Persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:
Ter un número de empregados inferior a 10 e un volume de negocios anual ou balance xeral anual non superior a 2 millóns de euros.
III.- Fomento de actividades turísticas:
Asociacións de empresarios do sector turístico no medio rural.
Outras asociacións, fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro, e Concellos, mancomunidades de concellos, consorcios e entidades dependentes das anteriores con participación maioritaria dos concellos (só para as actividades subvencionables recollidas na liña B).
IV.- Servizos básicos para a economía e a poboación rural:
Asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro: actividades subvencionables previstas nas alíneas a, b, c, e, f.
Cooperativas agrarias e de servizos sociais: actividades subvencionables previstas nas alíneas a, b, c, f.
Concellos, mancomunidades de concellos, consorcios e entidades dependentes das anteriores en que participen maioritariamente os concellos: actividades subvencionables previstas nas alíneas a, b, c, d, f.
Asociacións de empresarios e de artesáns: actividades subvencionables previstas na alínea g.
V. Conservación e mellora do patrimonio rural:
Para as actividades subvencionables previstas na alínea a: comunidades de montes veciñais en man común e asociacións sen ánimo de lucro, sempre que a superficie sobre a cal se vai actuar corresponda a montes veciñais en man común.
Para as actividades subvencionables previstas nas alíneas b, c:
Asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro.
Comunidades de montes veciñais en man común.
Concellos, mancomunidades de concellos, consorcios e entidades dependentes das anteriores en que participen maioritariamente os concellos.
Todos os proxectos deberán cumprir os requisitos seguintes:
1. Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Os solicitantes poderán iniciar a execución do proxecto antes da resolución de concesión da subvención sempre que acrediten que non está iniciado na data de solicitude da axuda, ben cunha acta notarial que reflicta fidedignamente o non inicio da obra, instalación ou equipamento, ou ben cunha acta de non inicio feita por Agader a petición do interesado.
2. Que se desenvolvan no territorio de Galicia exceptuando os núcleos urbanos, definidos como tales no planeamento urbanístico vixente, das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.
3. Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para que foron aprobados, non admitíndose fases de proxectos.
4. Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
5. Que se axusten á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
6. Que se axusten ás especificacións indicadas para cada medida e tipo de proxecto nas presentes bases.

Contía da subvención dependendo de cada unha das actuacións subvencionables que se soliciten:
I.- Diversificación cara a actividades non agrarias:
A intensidade da axuda poderá alcanzar como máximo o 45% dos gastos elixibles e a súa contía non superará (sumando as subvencións de capital e a prima de inicio) o importe máximo de 200.000 € por proxecto.

II.- Creación e desenvolvemento de microempresas: persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:
A intensidade da axuda poderá alcanzar como máximo o 45% dos gastos elixibles e a súa contía non superará (sumando as subvencións de capital e a prima de inicio) o importe máximo de 200.000 € por proxecto.

III.- Fomento de actividades turísticas: Asociacións de empresarios do sector turístico no medio rural.
A intensidade da axuda poderá alcanzar como máximo o 75% dos gastos elixibles no caso de asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro, e o 65% para os restantes beneficiarios. A contía da axuda non superará o importe máximo de 200.000 € por proxecto.

IV.- Servizos básicos para a economía e a poboación rural:
Se os beneficiarios son asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro a intensidade máxima da axuda será do 60% nas actividades subvencionables previstas nas alíneas f e g, e do 85% nas restantes alíneas.
Para os restantes beneficiarios a intensidade máxima da axuda será do 50% nas actividades subvencionables previstas na alínea f, e g do 75% nas restantes alíneas.
Importe máximo da axuda por proxecto: 50.000 euros na alínea e; 200.000 euros nas restantes alíneas.

V. Conservación e mellora do patrimonio rural:
A intensidade da axuda poderá alcanzar como máximo o 75% dos gastos elixibles no caso de comunidades de montes veciñais en man común, asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro, e o 65% para os restantes beneficiarios. A contía da axuda non superará o importe máximo de 200.000 € por proxecto.
Documentación xenérica necesaria para a solicitude da subvención:
– As solicitudes presentaranse en modelo normalizado (modelo A)
– Documentación acreditativa da personalidade do solicitante e, de ser o caso, do seu representante legal (NIF ou DNI), así como, se é o caso, do apoderamento deste.
– Certificado do acordo adoptado polo órgano competente polo que se aproba solicitar a axuda regulada nestas bases, se procede.
– No caso de persoas xurídicas de carácter privado:Escritura de constitución e estatutos da entidade solicitante debidamente inscritos no rexistro correspondente.
– Últimas contas depositadas no rexistro correspondente ou última memoria anual de actividades aprobada pola entidade, na que figure o número de empregados do último exercicio pechado, o volume de negocio e o balance anual.
– Declaración, segundo documento normalizado (modelo B), doutras axudas concedidas e/ou solicitadas a outras entidades públicas e/ou privadas para o mesmo proxecto, así como das axudas de minimis, para aquelas medidas que resulten de aplicación, percibidas polos solicitantes nos tres últimos anos e a orixe dos fondos destas subvencións. No mesmo modelo tamén se declarará que non concorren as circunstancias previstas nos números 2º e 3º do artigo 10 de Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Os membros asociados do solicitante que se comprometan a efectuar, en nome e por conta deste, a totalidade ou parte das actividades que fundamenten a concesión deberán presentar tamén a declaración citada.
– Resumo do proxecto en documento normalizado (modelos C1 ou C2), no cal se reflicta a situación de partida, os obxectivos que se perseguen coa súa posta en marcha e a metodoloxía de traballo, así como as explicacións necesarias para a correcta comprensión do proxecto. O solicitante debe ter en conta que esta información vai ser tomada en consideración para valorar o cumprimento dos requisitos dos proxectos e para aplicar os criterios de baremación sinalados na letra K para cada tipo de proxecto.
– Orzamento detallado, en documento normalizado (modelo D), dos gastos necesarios para a execución do proxecto, con indicación, se procede, das partidas que supoñan unha achega en especie.
– Declaración censual (modelo 036 ou 037) ou compromiso de comunicar o inicio de actividade á AEAT, cando o proxecto supoña o inicio dunha actividade empresarial.
– Certificación emitida pola entidade bancaria na cal figure o número de conta de titularidade do solicitante en que quere percibir a axuda.
– Plan de empresa (modelo E1) para os proxectos das medidas I e II, e plan de xestión (modelo E2) para os proxectos das medidas III, IV e V.
– Plano do Sixpac indicando as coordenadas da actuación.
– Código de explotación agraria, para a medida I.
– Certificado de empadroamento no domicilio familiar vinculado á explotación agraria e acreditación do grao de parentesco co titular, para os solicitantes da medida I.
– Declaración do IRPF do titular da explotación agraria do último exercicio, para a medida I.
– Informe da vida laboral da conta (ou contas) de cotización da persoa física ou entidade solicitante do ano anterior ao da presentación da solicitude, cando o proxecto crea ou consolida emprego.
– No caso de que unha actuación requira proxecto técnico visado polo colexio correspondente, presentarase un anteproxecto.
-Tres ofertas como mínimo, de diferentes provedores, cando o gasto subvencionable supere a contía de 30.000 euros no suposto de execución de obra, ou de 12.000 euros no de subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non existan no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.
– Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente para a correcta avaliación e baremación do proxecto.
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 1 de setembro de 2008.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: